A mineira de Touro sobe un 15% en bolsa por un "movemento especulativo"

As accións de Atalaia Minning, que pretende reabrir a mina de Touro, disparáronse máis dun 15% desde que o xoves filtrouse que a multinacional busca comprador. Nesa data os títulos na bolsa de Londres cotizaban a unhas 225 libras e hoxe luns están estabilizados ao redor das 259,5. Unha subida artificial, en opinión dun colectivo ecoloxista.


|

As accións de Atalaya Minning, que pretende reabrir a mina de Touro, disparáronse máis dun 15% desde que o xoves filtrouse que a multinacional busca comprador. Nesa data os títulos na bolsa de Londres cotizaban a unhas 225 libras e hoxe luns están estabilizados ao redor das 259,5. Unha subida artificial, en opinión dun colectivo ecoloxista.



Terreos da mina de Touro

Mina de Touro


Boas noticias a curto prazo para os investidores chineses, norteamericanos e suízos, que son maioría na transnacional baseada en Chipre. Ademais, o prezo da acción disparouse un 23,6% no últimos seis meses e un 66% no último ano.


Iso a pesar das recentes malas noticias para a compañía. O seu gran activo, a mina de Río Tinto en Huelva, recibiu un duro golpe ao fallar o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía que o estudo de impacto ambiental era nulo. En Galicia, a reapertura do xacemento de Touro-O Pino segue no aire, despois de que a Xunta advertise que tal e como presentou Cobre San Rafael a primeira documentación non sairía adiante.


Desde Ecoloxistas en Acción, vinculan o anuncio de venda á decisión de TSJA. Na súa opinión, os accionistas saben que finalmente a Xustiza mandará deter a actividade en Río Tinto, polo que -en declaracións a La Razón- aseguran que se trata dun "movemento especulativo". 


Atalaia Minning anunciou unha produción récord de cobre en Río Tinto no último cuadrimestre. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE