Ecoloxistas en Acción atraca na ría de Arousa "contra as agresións da mina de Touro - O Pino"
Activistas da organización desempeñarán distintas accións ao longo da semana para rexeitar o proxecto que consideran que "podería afectar moi gravemente á calidade das augas desta ría para o seu sustento"
Ecoloxistas en Acción chegaron este sábado ao porto de Ribeira para apoiar a loita en contra da mina de Touro - O Pino. Activistas da organización desempeñarán distintas accións ao longo da semana para rexeitar o proxecto que consideran que "podería afectar moi gravemente á calidade das augas desta ría para o seu sustento".
"O caso da mina de Touro forma parte dun fenómeno maior que se está dando en diversos puntos de España, como son as balsas de Riotinto ou a mina de Santander", asegura a organización. O mércores 27, representantes de Ecoloxistas en Acción asistirán a o pleno convocado polo concello do Pino, onde se presenta unha moción contra a mina por parte da oposición e a veciñanza pedirá o rexeitamento ao proxecto de Cobre San Rafael SL.
Xa o xoves, o veleiro Deusa Maat recibirá a medios de comunicación nunha visita bordo e unha saída pola ría. Ademais de reunirse con diferentes organizacións de ContraMINAcción, Ecoloxistas en Acción levará a cabo a súa campaña de sensibilización contra a sobrepesca en Ribeira, cunha recollida de firmas para "pedir mellores leis e aplicación para combater a sobrepesca" a Bruxelas.
Escribe o teu comentario