Críticos con proxectos negativos para o medioambiente xuntan as súas voces
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos aplaude que todos os grupos municipais posiciónense contra a polémica planta de Toysal. Iso si, tamén constanta -e respectan- que non hai consenso político sobre como parar o proxecto.

Ante isto, lembra que o seu papel é "mobilizar á cidadanía para mostrar conxuntamente o seu rexeitamento" e seguir informando os veciños sobre a "problemática ambiental".
LOITAS VECIÑAIS COLABORAN ENTRE ELAS
A de Teo é unha das loitas ambientais que activas na comarca de Compostela. Os críticos con estes proxectos unen hoxe as súas voces. Será este mércores a partir das 20 horas na Casa do Matadoiro da capital.
Nunha reunión de "micro aberto" participarán membros de Mina Touro O Pino Non, Afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela - Miramontes, Casalonga Limpa de Residuos, Afectados pola Destilería Contimunde, Recuperación do Sar, Non Eólicos Ordes e Afectados polo Verdoiro de Lesta.
Escribe o teu comentario