Cidadáns tamén está en contra da mina de Touro - O Pino

O PP vai camiño de quedar só en defensa do proxecto de Atalaya Minning en Touro. Hoxe é Cidadáns quen suma a súa voz aos que critican a mina, esixindo que a Xunta -que aínda estuda a documentación- tome postura canto antes.


|

O PP vai camiño de quedar só en defensa do proxecto de Atalaya Minning en Touro. Hoxe é Cidadáns quen suma a súa voz aos que critican a mina, esixindo que a Xunta -que aínda estuda a documentación- tome postura canto antes.



A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao

Olga Louzao


A portavoz de Cidadáns Galicia, Olga Louzao, esixiu explicacións á Xunta sobre as actuacións que se están desenvolvendo con respecto á explotación mineira San Rafael, nos concellos coruñeses de Touro e O Pino.


REFERENCIA AOS INFORMES DE ADEGA

A dirixente da formación morada Galicia remitiu este luns un comunicado aos medios despois de que este domingo Santiago rexistrase unha mobilización masiva en rexeitamento a este proxecto mineiro que, segundo indicou Louzao, é "un tema que a Cidadáns preocupa" e que considera de "especial relevancia".


Así, na súa nota de prensa, Cidadáns fai referencia a uns datos coñecidos "hai uns días" que, conforme sinala, advirten de "diversos puntos afectados" pola explotación mineira que mostran "valores excesivos" de concentración de diversos metais e unha "excesiva acidez" que revelou esta análise.


A XUNTA DEBE POSICIONARSE "XA"

A este respecto, a portavoz preguntou se se abriu "algún tipo de expediente informativo ou sancionador" polos datos de contaminación. Olga Louzao, tamén, preguntou á Xunta se se previu "tomar algunha medida" en relación á solicitude da reapertura da explotación.


E é que Cidadáns sinalou que, ante os "persistentes efectos" e a "eventual apertura" da explotación, produciuse unha resposta social entre os veciños das zonas afectadas e as organizacións que se encargan da defensa do medio ambiente e dos recursos naturais de Galicia.


Por iso, a portavoz do partido laranxa  pide que se atendan as demandas dos colectivos afectados. Ademais, recalcou que "a Xunta debe aclarar xa que pasos quere dar" con respecto a este asunto.


Con todo, tras a manifestación do domingo, a compañía promotora do proxecto, Cobre San Rafael, acusou os colectivos que se opoñen ao proxecto mineiro de xerar "unha alarma infundada" a través de "argumentos sen base técnica". Ademais, defendeu que a explotación conta con "garantías" de control e seguridade para a "non afección ás augas e ao medio natural".


MUROS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO

Por outra banda, Cidadáns presentou unha moción para ser debatida no próximo pleno municipal do Concello de Santiago de Compostela, co obxecto de reparar os muros do barrios de Fontiñas.


E é que, segundo denuncia a formación noutro comunicado, os muros de contención das plataformas do barrio de Fortiñas atópanse en "moi mal estado" e presentan "danos estruturais", segundo o partido.

relacionada A manifestación contra a minería desde dentro (vídeo)
relacionada "80.000 persoas" piden á Xunta que non autorice a "contaminante" mina de cobre de Touro-O Pino

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE