A manifestación contra a minería desde dentro (vídeo)
Baixo o lema 'Mina non, non queremos unha herdanza envelenada', a multitudinaria protesta arrincou pasado o mediodía desde a Alameda para culminar dúas horas e media máis tarde na Praza do Obradoiro.
Unhas 80.000 persoas, segundo as plataformas convocantes, abarrotaron este domingo as rúas de Compostela para dicir non á mina de Touro e O Pino. Baixo o lema 'Mina non, non queremos unha herdanza envelenada', a multitudinaria protesta arrincou pasado o mediodía desde a Alameda para culminar dúas horas e media máis tarde na Praza do Obradoiro.
Xosé Bocixa é membro da banda de rock galega Zënzar e autor do documental A ceo aberto, un filme sobre a revolta agraria de 1977 contra as expropiacións de terreos levadas a cabo por Fenosa na parroquia das Encrobas, en Cerceda. Este domingo percorreu a manifestación contra a minería, para contar por que a xente manifestouse na capital.
Escribe o teu comentario