Un alto cargo da ditadura, reelixido directivo da mineira de Touro
Os accionistas de Atalaia Minning, a multinacional que financia a reapertura da polémica mina de Touro, reelixiron onte a Jose Nicolas Sierra Lopez como un dos seus directores.
Os accionistas de Atalaia Minning, a multinacional que financia a reapertura da polémica mina de Touro, reelixiron onte a Jose Nicolas Sierra López como un dos seus directores.
Sierra López foi nomeado director xeral de Minas do Ministerio de Industria durante o último goberno pre-democrático, segundo pódese ler no BOE do 27 de decembro de 1975. O presidente do Goberno era Carlos Arias Navarro tras a morte do ditador Francisco Franco uns meses antes.
José Nicolás Sierra López
UN DOS MAIORES EXPERTOS MINEIROS DE ESPAÑA
No seu perfil na Real Academia de Doutores de España figura que "foi nomeado Director Xeral de Minas e Industrias da Construción, debido a que desempeñou nos primeiros gobernos da Monarquía (1975-1980)". É dicir, ocupou a citada responsabilidade na fase final da ditadura e no primeiro goberno da UCD.
Sierra López tamén desempeñou outros cargos públicos na España democrática. Cando España logrou entrar na Unión Europea, o Goberno do PSOE logrou que o nomeasen Director de Carbón, cargo que ocupou durante tres anos. Ademais, foi durante moitos anos conselleiro nos diversos órganos consultivos estatais relacionados co sistema enerxético.
Sierra López é un dos conselleiros independentes, non directamente vinculados aos accionistas de Atalaya Minning (grupo con base en Chipre pero cobtrolado por fondos norteamericanos, chineses e suízos). Ocupa un cargo no Consello de Administración desde 2002, cando Atalaya iniciou a reapertura de Río Tinto.
No Consello de Administración tamén senta un galego, Alberto Lavandeira, o enxeñeiro de minas que dirixe a pe de obra o proxecto de Touro.
Alberto Lavandeira nunha sondaxe
As reeleciones foron aprobadas por amplísima marxe durante a Xunta Xeral Anual organizada onte en Londres, encontro onde un grupo de activista galegos críticos coa minería puideron facer escoitar a súa voz.
Escribe o teu comentario