Sindicatos do metal esixen un convenio xusto ante os recortes propostos pola patronal en Pontevedra
CIG, CCOO e UXT reclaman avances na negociación do convenio do metal de Pontevedra e protestan este martes en Vilaboa contra as propostas empresariais que consideran “regresivas”.
A negociación do convenio do metal segue sen avances e a tensión aumenta. Os sindicatos acusan á patronal de tentar recortar dereitos consolidados, especialmente a cobertura ao 100% das baixas médicas desde o primeiro día, un complemento que as empresas expoñen suprimir. Para as centrais, esta medida sería “unha perda económica e social inasumible” nun sector con alta exposición a accidentes laborais.
Outro punto de conflito é a intención empresarial de eliminar os atrasos e incrementos salariais para o persoal que cobra por encima do convenio, algo que os sindicatos ven como “unha forma de penalizar a cualificación”.
As posturas seguen moi afastadas, sen data para unha nova reunión negociadora. Mentres tanto, as organizacións sindicais advirten de que seguirán mobilizar até lograr un acordo “digno” que respecte os dereitos do persoal do metal pontevedrés.
Escribe o teu comentario