Greenalia xestiona eólicos aprobados con informes rubricados por María Cruz Ferreira Costa, directora xeral nomeada a proposta de Beatriz Mato. Como esas resolucións non levan a rúbrica da ex-conselleira de Medio Ambiente, senón da súa subordinada, a Xunta entende que a política do PP non se saltou as normas de incompatibilidade. Outro exemplo de libro de portas giratorias entre a política e as grandes empresas, denuncia o Bloque.
No DOG non hai nada asinado por Mato a favor de Greenalia, pero si pola súa subordinada entón, a aínda hoxe directora xeral de Calidade Ambiental, Cruz Ferreira. ADEGA denuncia que a Xunta e o PP favoreceron á enérgetica mediante un cambio legal. O Grupo Común dá Esquerda e BNG critican as "posibles incompatibilidades".
Dous ex-altos cargos de administracións gobernadas polo PP seguen avanzando xuntos, tras deixar a vida pública, na súa carreira empresarial. Son Carlos Negreira, ex-alcalde de Negreira, e Javier Aguilera, ex-director do IGAPE.
O Ministerio de Facenda acaba de retirar 2,03 millóns de euros de subvención á empresa do Porriño CITIC HIC Gándara Censa, por destruír emprego no canto de crealo. Marta González Currás, ex-secretaria de Estado nese ministerio e ex-conselleira de Facenda, é membro do consello de administración de Gándara Censa, que tamén recibe subvencións de la Xunta.
Os accionistas de Atalaia Minning, a multinacional que financia a reapertura da polémica mina de Touro, reelixiron onte a Jose Nicolas Sierra Lopez como un dos seus directores.
A Xunta de Galicia adxudicou polo menos seis contratos a Ernst & Young (E&Y) desde que Marta Fernández Currás é socia da consultora. Deses seis contratos, cinco adxudicounos a Consellería de Facenda, que dirixiu a propia Fernández Currás durante case tres anos.