Negreira e ex-director do IGAPE entran no negocio mineiro e da formación
Dous ex-altos cargos de administracións gobernadas polo PP seguen avanzando xuntos, tras deixar a vida pública, na súa carreira empresarial. Son Carlos Negreira, ex-alcalde de Negreira, e Javier Aguilera, ex-director do IGAPE.
Dous ex-altos cargos de administracións gobernadas polo PP seguen avanzando xuntos, tras deixar a vida pública, na súa carreira empresarial. Son Carlos Negreira, ex-alcalde de A Coruña, e Javier Aguilera, ex-director do IGAPE.
Feijóo e Carlos Negreira
CONEXIÓN CON CHINA
Negreira e Navarro crearon o ano pasado Windtwo Advisor, que opera baixo o nome comercial de Iberflow. A empresa situada no centro de Madrid dedícase a vender máquinas para a minería, centrais enerxéticas e de tratamento da auga; entre outras actividades.
Segundo sinala Economía Digital, o seu principal socio é o conglemorado de China Futai Global. É dicir, Iberflow dedicaríase a comercializar as pezas fabricadas polo grupo asiático, que tamén ten sedes en Dubai e Estados Unidos.
Os ex-cargos públicos xa compartían desde hai anos camiño en Windone Consultores, unha consultora coruñesa que se dedica a asesorar sobre operacións empresariais.
FORMACIÓN COA EXPRESIDENTA DO PARLAMENTO
Con este novo movemento empresarial o grupo segue crecendo. Desde o ano pasado participa no ámbito da formación a través de Emociacción SL, onde Windone é administrador mancomunado.
Dirixida por a exvicepresidenta do Parlamento Inmaculada Rodríguez Cuervo, Emociacción SL ten por clientes a numerosas administracións, empresas e Ong galegas.
Escribe o teu comentario