26.000 firmas din non á mina de Touro
Éxito da recollida de minas contra o proxecto mineiro de Atalaya Minning e Cobre San Rafael en O Touro - O Pino. Unha das asociacións veciñas críticas coa reapertura anuncia que mañá entregará "máis de 26.000 firmas" no rexistro da Xunta.

Marcha en Compostela contra a mina de cobre de Touro
Dende Mina de Touro - O Pino Non sacan peito ante a "confirmación do éxito dun movemento inmenso contrario á explotación". Hai que lembrar que decenas de miles de persoas encheron as rúas de Santiago nunha concurridísima manifestación o mes pasado.
ATALAIA ASPIRA A CORRIXIR OS ERROS DA PRIMEIRA DOCUMENTACIÓN
A Asociación lembra que varios dos informes dos técnicos da Xunta describen importantes erros e omisións no proxecto oficial. Ademais, o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España cualificou de "confuso" o cálculo dos custos do millonario investimento, que promete crear 400 empregos directos.
A pesar destes informes negativos, a Xunta segue sen tomar unha decisión, especialmente sobre a Declaración de Impacto Ambiental. Mentres, Atalaya Minning prepara novos documentos que liquiden os erros detectados na primeira proposta.
Escribe o teu comentario