A Xunta defende á actual mineira de Touro
O director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces, asegurou que a Xunta "cumpre coa legalidade" e controla "en todo momento", con "compromiso e responsabilidade", a administración do proxecto mineiro -que pretenden reabrir Atalaya Minning e Cobre San Rafael- e a situación ambiental na actual mina abandonada -agora canteira- en Touro e O Pino (A Coruña).
O director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces, asegurou que a Xunta "cumpre coa legalidade" e controla "en todo momento", con "compromiso e responsabilidade", a administración do proxecto mineiro -que pretenden reabrir Atalaya Minning e Cobre San Rafael- e a situación ambiental na actual mina abandonada -agora canteira- en Touro e O Pino (A Coruña).
Actual sitio da mina en Touro
DEBATE NO PARLAMENTO
Así o expresou este venres durante a súa comparecencia na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento galego, na que respondeu a preguntas do deputado do PSdeG Antón Losada, quen manifestou a "oposición" do seu grupo á explotación.
Neste sentido, Tahoces defendeu o papel do Goberno autonómico neste ámbito "sempre co máximo respecto á lei", á vez que afirmou que desde o ano 2013 os niveis de PH nos ríos Ulla, Lañas e Brandelo son "normais". "Non podemos dicir o mesmo dos ríos Pucheiras e Felisa, iso xa o sabemos", declarou.
O PSOE CRE QUE A CONTAMINACIÓN É INSUSTENTABLE
En concreto, segundo lembrou o director xeral, o control por parte da Administración autonómica parte dun convenio asinado en 2002 entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Consellería do Medio Ambiente e Augas de Galicia, polo cal se pretendía restaurar a calidade da auga dos ríos afectados pola explotación.
Con todo, Losada tachou a situación ambiental de "dramática en termos gráficos". "Non dubido dos datos do nivel de PH en determinados arroios, pero en termos ambientais aquilo é totalmente insustentable para elaborar unha opinión pública favorable cos proxectos mineiros", esgrimiu.
IMAXES "DURAS E DIFÍCILES"
E é que o deputado socialista ve "difícil de crer e de aceptar" que Augas de Galicia vexa normal a situación da zona, porque, segundo as súas palabras, hai "imaxes duras e difíciles".
A iso, Tahoces respondeu que "gustará máis ou menos a recuperación e restauración da zona, pero está a facerse desde un punto de vista ambiental". "Desde un punto de vista visual non gusta a case ninguén", admitiu.
Así as cousas, o portavoz do PSdeG na comisión lamentou que a situación en Touro e O Pino atópase "enormemente degradada", polo que pediu que as esixencias públicas "sexan as máximas". "É unha historia de fracaso de control das administracións", sentenciou.

Heredeiros da Crus presentan un "himno" contra a Mina de Touro
Escribe o teu comentario