Cortes de tráfico no viaduto da autoestrada Dozón-Ourense sobre a A-52 desde o luns

Os traballos constarán con dúas fases diferenciadas, sendo a primeira a colocación dunha estrutura metálica auxiliar


|

Túnel de Candeán, en la AP-9
Túnel de Candeán, na AP-9

 

 

As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (#AG-53) sobre a A-52 provocarán afeccións de tráfico a partir deste luns, 12 de xaneiro.

Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, trátanse de traballos de renovación e melloras dos apoios do taboleiro sobre as pilas do viaduto, os cales requirirán o izado do taboleiro.

Os traballos constarán con dúas fases diferenciadas, sendo a primeira a colocación dunha estrutura metálica auxiliar. Durante esta primeira etapa, cuxa duración inicial se estima entre 3 e 5 días laborables, só será necesario cortar un dos dous carrís da calzada da autovía AG-53 (sentido Ourense).

Na segunda fase da intervención, procederase ao izado do taboleiro do viaduto e á execución dos traballos de renovación e mellora dos apoios do taboleiro sobre os capiteis das pilas.

Durante esta fase, cuxa duración se estima entre 2 e 4 días laborables, será necesario realizar o corte total da calzada e a habilitación do correspondente desvío, o cal está previsto para o vindeiro luns, día 19 de xaneiro.

Así, ambas as fases deberán repetir para cada un dos 5 apoios do viaduto, polo que se estima que as obras finalizarán ao longo da próxima primavera.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE