obras

Caso Tito Berni en Galicia: Asuntos Internos investiga obras en cuarteis da Garda Civil en Ortigueira e Sigüeiro

A investigación do 'caso Mediador' ou 'caso Tito Berni' inclúe as obras das reformas das fachadas dos cuarteis da Garda Civil en Ortigueira e Sigüeiro. Así se desprende de tres interrogatorios do Servizo de Asuntos Internos ao Coronel da Garda Civil responsable da Comandancia da Coruña e a dúas dos seus subordinados por entón, aos que tivo acceso Galiciapress.

 

Cortes de tráfico a partir da noite deste domingo na avenida da Deputación, en Arteixo

A Consellería de Infraestruturas informou que se producirán cortes nocturnos a partir das 21:00 horas deste domingo na avenida da Deputación de Arteixo, debido ás obras de ampliación que se están realizando

O BNG denuncia a falta de dilixencia da Xunta para solucionar o problema das piscinas de Monterrei

Iago Tabarés, parlamentario do BNG, denuncia que as obras do parque acuático non finalizasen despois de oito meses. Asegura que dous mil nenos e nenas quedarán sen espazo de lecer pola falta de compromiso da Xunta co proxecto.  "As obras terían que estar executadas nun 80% e só estano nun 14%", denuncia o deputado nacionalista. De esquerda a dereita: Rubén García e Iago Tabarés, integrantes de BNGEl BNG critica a suposta inoperancia da Xunta nas obras do parque acuático de Monterrei, así como o peche de piscinas durante o verán.

Así funcionan os Bonos Corazón do Barrio de San Pedro en Santiago, que xa se poden solicitar e usar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que desde as 9,00 horas deste venres están dispoñibles os Bonos Corazón de San Pedro, que se poderán utilizar, polo momento, en 44 establecementos da zona de Concheiros e os seus arredores.
O concelleiro de Obras de Santiago "non está capacitado para o cargo", acusan os grupos polos atrasos de Concheiros

O pleno do Concello de Santiago reprobou ao alcalde da capital galega, Xosé Sánchez Bugallo, pola xestión das obras de remodelación do barrio de Concheiros, que acumulan xa varios atrasos nos prazos de entrega, o último, vecido o pasado 22 de xaneiro.



O Concello de Santiago descarta "romper" coa concesionaria das obras de Concheiros, a pesar dos atrasos

O Concello de Santiago busca aplacar con bonos o enfado de comerciantes e hostaleiros polos atrasos en Concheiros 


​As obras en Concheiros “non estarán terminadas ata Semana Santa”, denuncia o PP, preocupado polo comercio

Os veciños da céntrica rúa compostelá, en obras desde hai xa varios meses, aínda terán que convivir un pouco máis cos molestos traballos da vía.

Acabadas as obras en Concheiros! Non, é unha farsa convocada polos veciños cansos dos atrasos

Veciños do Barrio de San Pedro tomarán as eternas obras de Concheiros armados con caceloras, material de traballo, roupa de obra e moito humor. A protesta será mañá a partir das 12 do mediodía.

Os veciños de Vista Alegre piden ao alcalde de Santiago o cesamento do concelleiro de obras Javier Fernández


Ademais do malestar coas varandas en mal estado, as papeleiras e os cables nas fachadas, o enfado veciñal aliméntase da suposta falta de diálogo do político, que Fernández nega.

Un empregado do AVE traballou 1.168 horas extra en 10 meses

Varias empresas foron condenadas a indemnizar ao operario. Os traballadores mobilízanse este venres para protestar contra os accidentes laborais ocorridos na construción do AVE.

Obreiros portugueses en Galicia: “unha vulneración de dereitos que roza á escravitude”

En declaracións a Galicia Press, o Secretario Nacional da Federación da Construción e a Madeira pola CIG, Plácido Valencia, debulla a precariedade laboral na que viven moitos traballadores da construción, tanto portugueses como galegos. 

As obras provocan grandes colas en Rande catro meses despois da súa inauguración

Aínda que os novos carrís foron inaugurados a finais do ano pasado, os traballos renováronse en febreiro co asfaltado do taboleiro central da Ponte, o que supón restricións na circulación, debido a que só hai dous carrís habilitados en cada sentido.

​Os terreos da intermodal estarán dispoñibles en marzo

A conselleira de Infraestruturas mostrou a súa preocupación polas obras e os accesos da estación santiaguesa.


Adif xustifica que as obras do AVE que van con atraso non lle afectarán á data final

Asegura que no seu orzamento xa conta coa variante de Ourense e a intermodal da cidade.

O PSOE de Ourense afirma que o calendario das obras do AVE xa se está incumprindo

Os socialistas prevén que a liña de alta velocidade "non estará acabada ata 2023 ou 2024" e acusan ao PP de mentir.

Adif asegura que ten marxe para endebedarse e rematar o AVE galego en prazo

A compañía defende que o bloqueo dos orzamentos non lle afectará ás obras.

Noriega estará “vixiante” nas obras da ligazón orbital

Polas "cantidades" que coñece da actuación "parécelle" que "algunha fase" pode non estar garantida.

Conclúen as probas de carga da ponte de Rande con case 70 camións

Utilízanse para verificar a capacidade resistente da estrutura

A CIG pide asistir á causa xudicial que investiga a morte dun traballador en Rande

A causa reside en mans do xulgado número 3 de Cangas

O Concello espera que Rajoy "se poida pasar" a inaugurar as obras da AP-9

O presidente do Goberno estará o vindeiro sábado para celebrar a finalización das obras na ponte de Rande.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE