Os veciños de Vista Alegre piden ao alcalde de Santiago o cesamento do concelleiro de obras Javier Fernández


Ademais do malestar coas varandas en mal estado, as papeleiras e os cables nas fachadas, o enfado veciñal aliméntase da suposta falta de diálogo do político, que Fernández nega.


|

A Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre, unha das máis importantes da cidade, reclama o cesamento do concelleiro de Centros Socioculturais, Barrios e Obras. O colectivo acusa a Javier Fernández de desentenderse dos defectos que deixaron as interminables obras no barrio.


Javier Fernádez hoxe en rolda de prensa no Concello de Santiago

Javier Fernádez hoxe en rolda de prensa no Concello de Santiago 


Unhas obras que, oficialmente, acabaron na lexislatura anterior pero que, en opinión dos veciños, seguen sen estar finalizadas, pois non cumpren o prometido. “Nas varandas apóiasche e caen, as escaleiras tamén e son obras novas”, declaraba hoxe o pesidente David Ríos Martínez a Radio Galicia.


Ademais do malestar coas varandas en mal estado, as papeleiras e os cables nas fachadas, o enfado veciñal aliméntase da suposta falta de diálogo do político, que Fernández nega.


O presidente veciñal dixo que levaban un ano sen negociar con el porque era “unha tortura falar con el” e "eran dúas horas para nada”. Ríos alega que o concelleiro respondía as súas queixas unicamente apuntando aos déficit que tamén hai outras zonas, sen ter en conta que en Vistalegre o material é case novo.


"A situación leva igual desde hai dous anos, pedimos ao concelleiro de obras que nos atenda e dinos que non ten tempo, que está moi ocupado"


“As obras están exactamente igual que cando empezou a gobernar o PSOE. O concelleiro Javier Fernández leva dous anos dicíndonos que ten moito traballo e ata o de agora non nos atendeu” declarou a secretaria da entidade, María Luz Pardal, segundo recolle O Correo. Pardal tamén se queixou nos micrófonos de Onda Cero onde dixo que "a situación leva igual desde hai dous anos, pedimos ao concelleiro de obras que nos atenda e dinos que non ten tempo, que está moi ocupado"


Ante este problema, o colectivo acaba de anunciar que "hoxe por rexistro voltamos a solicitar ao alcalde ou cesamento do concelleiro". Os veciños acusan o concelleiro de mentir cando alega que nunca falaron destes temas e publican fotos de encontros hai anos para abordar os defectos.




RESPOSTA DO CONCELLEIRO DE OBRAS


Fernández, que provén precisamente do movemento veciñal -aínda que doutro barrio- tentou hoxe quitarlle ferro ás queixas. O político insiste en que os veciños nunca se puxeron en contacto e que el está disposto a reunirse hoxe mesmo para abordar os problemas.


Problemas que tacha de "pequenos detalles" porque cuestións como "varandas oxidadas non teñen moita solución". Sobre os cables, desvía a responsabilidade a Telefónica e limítase a engadir que espera que o arranxe este ano. 






MÁIS ATRASOS EN CONCHEIROS

Está por ver se o alcalde de Xosé Sánchez Bugallo atende á petición veciñal. Hai que ter en conta que Fernández tamén é responsable das obras de Concheiros, un dos grandes quebradizos de cabeza nesta legistaltura.  Sobre o atraso, Fernández declarou hoxe que "entendo ou cansanzo dous veciños de Concheiros, pero eran necesarias as obras porque a rúa era un desastre, había moitas caídas" e "sei que teñen moita paciencia vos veciños".


Veciños de Concheiros -e os centos de peregrinos que por alí pasan a diario- que recibirán o aninovo cunhas obras que inicialmente estaban previstas para terminar  antes do Xacobeo 2020.












Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE