Así funcionan os Bonos Corazón do Barrio de San Pedro en Santiago, que xa se poden solicitar e usar
Nesta web Bonos Corazón Compostela pódense adquirir desde hoxe venres bonos por valor de 75, 50 e 30 euros, achegando o Consistorio un 40% e o solicitante un 60%. Para gastar ata o 31 de maio.
A Administración lanza os bonos para axudar a uns comerciantes moi golpeados polos atrasos nas obras de Concheiros, nunha imaxe de arquivo
Durante a rolda de prensa deste venres, o rexedor lembrou que a inscrición para os establecementos que queiran participar está aberta desde o pasado martes e que seguirá dispoñible para aqueles establecementos que aínda non se decidiron a participar.
APOIO A UCRAÍNA
Por outra banda, durante a súa comparecencia, Bugallo explicou que as 15 toneladas de materiais de axuda a Ucraína xa están de camiño. Esta axuda, recollida e coordinada por Protección Civil, conseguiu solicitar útiles de primeira necesidade para ser enviados a Polonia, onde se atopa unha gran parte dos refuxiados ucraínos.
Así mesmo, o alcalde sinalou que, desde a Xunta e o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, trasladóuselles o dar prioridade ás achegas económicas para esta causa e non tanto ao envío de materiais.
O rexedor lembrou que tanto cidadáns como entidades teñen á súa disposición o correo apoyo.ucrania@inclusion.gob.es para ofrecer a súa axuda ás vítimas deste conflito. Así mesmo, subliñou que o Concello busca solucións para a acollida no posible escenario de refuxiados que cheguen polos seus propios medios ata Compostela.
AXENDA URBANA 2030
Por último, Bugallo insistiu en que todos os grupos políticos, sindicatos e asociacións interesadas poden participar na fase actual de desenvolvemento da Axenda Urbana 2030 para Santiago anunciada esta semana.
"Paréceme moi pouco positivo que se tente descualificar un proceso que é totalmente aberto e participativo", asegurou o alcalde sobre un proceso que, insiste, "non está pechado" e no que espera que todos os interesados fagan as súas achegas.
Escribe o teu comentario