O BNG denuncia a falta de dilixencia da Xunta para solucionar o problema das piscinas de Monterrei
Iago Tabarés, parlamentario do BNG, denuncia que as obras do parque acuático non finalizasen despois de oito meses. Asegura que dous mil nenos e nenas quedarán sen espazo de lecer pola falta de compromiso da Xunta co proxecto. "As obras terían que estar executadas nun 80% e só estano nun 14%", denuncia o deputado nacionalista. De esquerda a dereita: Rubén García e Iago Tabarés, integrantes de BNGEl BNG critica a suposta inoperancia da Xunta nas obras do parque acuático de Monterrei, así como o peche de piscinas durante o verán.
Iago Tabarés, parlamentario do BNG, denuncia que as obras do parque acuático non finalizasen despois de oito meses.
Asegura que dous mil nenos e nenas quedarán sen espazo de lecer pola falta de compromiso da Xunta co proxecto.
"As obras terían que estar executadas nun 80% e só estano nun 14%", denuncia o deputado nacionalista.
O BNG critica a suposta inoperancia da Xunta nas obras do parque acuático de Monterrei, así como o peche de piscinas durante o verán. Expúxoo o seu deputado no Parlamento galego, Iago Tabarés.
O integrante da oposición apelou a que no mes de marzo a execución da obra esixía a intervención da Xunta, pero o proxecto tivo que esperar máis de tres meses para tomar unha decisión sobre a paralización das obras. De igual modo, tamén criticou que tras oito meses desde que se formalizou o contrato, aínda non se liquidou a construción.
O deputado nacionalista estivo acompañado polo seu compañeiro e portavoz do Bloque no Pereiro de Aguiar, Rubén García, para acudir en primeira persoa ás instalacións e corroborar que a construción segue paralizada e sen vistas de avanzar.
Tendo en conta a situación, o parlamentario subscribiu: "Isto provoca que dous mil nenos e nenas véxanse privados dun dos poucos espazos públicos de lecer cos que conta unha comarca que no verán frecuenta os 40º de temperatura". Por tanto, os nacionalistas axuntáronse para propoñer iniciativas e un plan de reactivación que poida mellorar a situación que actualmente denuncian.
Así mesmo, Tabarés alude ao feito de que provocan a privatización duns dos poucos recursos de lecer que a comarca ourensá dispón nas épocas estivais. O seu compañeiro, Rubén García, tamén tivo tempo para mostrar a súa preocupación ante o aparente abandono por parte da Xunta a través das seguintes palabras:
“Este é un espazo onde todos os anos podiamos gozar toda os veciños e veciñas do verán, con todo a Xunta deixará isto sen ningún tipo de saída nin solución".
Escribe o teu comentario