​As obras en Concheiros “non estarán terminadas ata Semana Santa”, denuncia o PP, preocupado polo comercio

Os veciños da céntrica rúa compostelá, en obras desde hai xa varios meses, aínda terán que convivir un pouco máis cos molestos traballos da vía.


|

Os veciños da céntrica rúa compostelá, en obras desde hai xa varios meses, aínda terán que convivir un pouco máis cos molestos traballos da vía.


Desde os populares santiagueses denuncian as “mentiras” ao redor destes traballos que competen á Concellería de Obras do Concello de Santiago, que ten á fronte a José Javier Fernández Martínez.


Obras na rúa de Concheiros, en Santiago

Obras en Concheiros 


As obras en Concheiros non estarán listas para o 22 de xaneiro, que é cando se fixou a súa conclusión. Tampouco para unha semana ou dúas despois. Desde o PP de Santiago estiman que o final non chegará ata Semana Santa, polo que os veciños terán que seguir convivindo coas molestias dos traballos que os operarios realizan a diario na vía.


Borja Verea, presidente dos populares composteláns e deputado autonómico, criticou “o bochorno que vivimos a pasada semana supoñería en calquera outra administración a marcha inmediata do alcalde, ou non o seu caso, do concelleiro responsable”. Verea sinala así a José Javier Fernández Martínez, á fronte da área de Obras.


O tema colea na capital galega desde o venres, cando se anunciou que a concesionaria solicitaba unha nova prórroga. O alcalde Sánchez Bugallo dixo non ver viable nin a nova prórroga solicitada nin tampouco apartala das obras do Barrio de San Pedro, para cuxos comerciantes lanzou unha campaña de bonos destinada aos seus clientes, que estarán listos a partir de febreiro.


Para os populares composteláns este novo envurullo resta “crédito ao Goberno municipal”, aínda que apuntan que ao seu parecer está “liquidado desde hai tempo”. Á súa vez, reclaman sancións para a empresa, aínda que desde o Pazo de Raxoi aínda non tomaron cartas no asunto, a pesar das moitas advertencias á empresa e ás declaracións de Fernández Martínez afirmando que si había un proceso aberto.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE