Acabadas as obras en Concheiros! Non, é unha farsa convocada polos veciños cansos dos atrasos

Veciños do Barrio de San Pedro tomarán as eternas obras de Concheiros armados con caceloras, material de traballo, roupa de obra e moito humor. A protesta será mañá a partir das 12 do mediodía.


|

Veciños do Barrio de San Pedro tomarán as eternas obras de Concheiros armados con caceloras, material de traballo, roupa de obra e moito humor. A protesta será mañá a partir das 12 do mediodía.


O motivo da chamada a acudir con "cascos, chalecos, planos 'definitivos', etc." é que "non vaia ser que non estan rematadas as obras". Retranca para animar a participar con "bo humor" na farsa da celebración do fin das polémicas obras.


O 12 de novembro é o último prazo que se incumprirá. O alcalde de Santiago indicou aos comerciantes que é improbable que as obras terminen o 23 de decembro. Un prazo ao que aínda se aferra en parte, polo menos de portas para fóra, o concelleiro no centro da polémica, Javier Fernández.





O edil di logrou abrir unha canle de comunicación cos comerciantes da zona. Pequenos empresarios e autónomos que en moitos casos investiron coa esperanza  que o Xacobeo recompensase o risco. 


Á fin e ao cabo, por Concheiros pasan cada día centos de peregrinos, miles no verán, camiño da Catedral. Pasan e non se pairan a comprar  dado o ruído e caos provocado por unhas obras que acumulan atraso tras atraso.


O PP de Santiago, loxicamente, está a aproveitar para furgar na ferida. Os conservadores tamén falaron cos comerciantes e din que as tendas perderon entre o 40% e o 80% da facturación. 


O concelleiro Fernández animou hoxe aos composteláns para visitar as obras e a axudar aos comerciantes consumindo no barrio. O responsable de Obras, foco tamén das críticas dos veciños de Vistalegre, alega que é mellor esperar e que asú todo quede niquelado. Punto de vista que por agora tamén defende o alcalde. Fernández, que provén do movemento veciñal doutro barrio, asegurou hoxe que non lle parece mal a protesta e que se pasará por aí mañá, como fai todos os días. 


Unha muller en cadeira de rodas con problemas para moverse por concheiros nunha foto de agosto de 2021 publicada no Facebook de Esmeralda Lema

Unha muller en cadeira de rodas con problemas para moverse por concheiros nunha foto de agosto de 2021 publicada no Facebook de Esmeralda Lema 


Compostela Aberta leva días apoiando as protestas veciñais ante o que ven un cabreo e agontamiento lóxico ante a "despreocupación" dos gobernantes. O Bloque, pola súa banda, pon a énfase nas dificultades para familias con bebés e composteláns con mobilidade reducida, que deben sortear unhas obras que por momentos este verán parecían os campos de batalla da Primeira Guerra Mundial.   


Unha anécdota para ilustrar o grao de barullo en San Pedro. Houbo quen hai pouco quedou atrapado dentro da famosa churraría de Concheiros, pois os obreiros puxeron un valo- pasarela sobre unha gabia, sen darse conta que así taponaban a porta do local.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE