O PSOE de Ourense afirma que o calendario das obras do AVE xa se está incumprindo

|

Ave altavalocidad tren


O grupo socialista da Deputación de Ourense pediu a Adif que deixe de "incumprir" os prazos anunciados para a chegada do AVE á estación da cidade das Burgas.


"O PP e Adif están a incumprir o cronograma das obras, calendario que eles mesmos fixeron oficial no Diario da Unión Europea", asegurou o portavoz provincial do PSOE, Francisco Fraga.


E é que, segundo o calendario, remitido nun comunicado dos socialistas, a conexión da liña de alta velocidade e o vello trazado ferroviario en Taboadela (Ourense) "debería estar en obras no último trimestre de 2017 e actualmente non está nin adxudicado".


Ademais, o PSOE asegurou que "tampouco se sabe nada" do último tramo de 17 quilómetros da mesma liña, debido a que, segundo a formación, "ten todos os trámites ambientais acabados e, por tanto, poderían ser licitadas as obras de inmediato".


"LABAZADA DE REALIDADE"


Neste contexto, os socialistas "celebran a labazada de realidade" que, ao seu modo de ver, lle deu Adif aos populares, que, en palabras de Fraga, "culpan á oposición das súas incompetencias mentres teñen a casa sen varrer".


"Ningunean os galegos con mentiras mentres Feijóo só se preocupa por non facer ruído para asegurar o seu futuro en Madrid e Baltar cala e mira cara a outro lado, a pesar de que declarou hai uns días que ía estar vixiante", esgrimiu o socialista ourensán.


Ademais, Fraga considera un "escándalo" as "mentiras" do PP, á vez que prevé que a liña "non estará acabada na súa totalidade ata 2023 ou 2024, como mínimo".


relacionada Adif asegura que ten marxe para endebedarse e rematar o AVE galego en prazo
relacionada A oposición carga contra as "escusas" para vender un novo atraso do AVE galego
relacionada ​O bloqueo dos Orzamentos ameaza con novos atrasos no AVE galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress