​O bloqueo dos Orzamentos ameaza con novos atrasos no AVE galego

|

Vias tren ferrocarril



A Xunta de Galicia teme que se poidan rexistrar novos atrasos na chegada do AVE a Galicia se non se aproban os Orzamentos Xerais do Estado, segundo admitiu a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que apelou á "responsabilidade" dos partidos da oposición.


Nunha entrevista na Cadena Ser, a titular de Infraestruturas do goberno galego mostrou a súa confianza en que a boa relación que mantén cos altos cargos do Ministerio de Fomento sirva de garantía para que se cumpran os compromisos adquiridos e o AVE chegue a Galicia en probas a finais de 2019.


Unha data que sitúa como "un obxectivo de país irrenunciable". "Estamos cansos de tantos atrasos, xa non cremos ningunha data que nos trasladen, pero creo que Fomento ten feito moitísimo, aposto pola confianza que teño na directora de ADIF, é galega, teño unha relación fluída e directa con Isabel, e aposto pola súa capacidade, e aposto por que se cumpran esas datas", asegurou, tras lembrar que compartiu pupitre coa directora de ADIF na Universidade.


"Estamos a facer seguimento, e confío en que non haxa ningún atraso máis", insistiu.


relacionada José Blanco reitera que a súa "responsabilidade política" co AVE galego foi "blindalo"
relacionada En Granada protestan contra a "fuga de millóns" ao marxinado AVE Galego
relacionada Adif avanza na licitación do ramal alternativo entre Taboadela e Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress