Cortes de tráfico a partir da noite deste domingo na avenida da Deputación, en Arteixo

A Consellería de Infraestruturas informou que se producirán cortes nocturnos a partir das 21:00 horas deste domingo na avenida da Deputación de Arteixo, debido ás obras de ampliación que se están realizando


|

Avda diputaciu00f3n
Rotonda da avenida da Deputación, en Arteixo / Foto: Google Street View

As obras de ampliación que se están realizando na avenida da Deputación, no polígono de Sabón, no municipio coruñés de Arteixo, provocarán cortes nocturnos no tráfico a partir deste domingo, segundo informou a Consellería de Infraestruturas.

 

Os traballos de finalización das obras son os responsables destes cortes, que se deben ao estendido da última capa de firme no troncoy na glorietas da actuación. A Consellería explicou sobre as mesmas, que se iniciarán este domingo e prolongaranse ata o luns, 29 de agosto.

 

O peche da circulación farase efectivo ás 21:00 horas da noite e reabrirase ao tráfico antes das seis da madrugada, con excepción do domingo día 21, que o corte se producirá desde as 20:00 horas.

 

Isto farase en tres tramos e as empresas dispoñerán de contacto coa dirección de obras para poder facilitar e buscar unha solución alternativa de acceso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE