Tres adolescentes, alumnos de 4º de ESO, expulsados dun instituto de Lugo por acosar a un compañeiro
A Consellería de Edudación confirmou a expulsión dos tres estudantes investigados.
Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso de acoso escolar contra outro compañeiro con diversidade funcional, tal e como confirmou a Consellería de Edudación a Europa Press.
Estas mesmas fontes, detallaron que neste colexio, totalmente privado, activáronse os mecanismos necesarios para solucionar unha situación de acoso escolar detectada polo propio centro, que finalmente decidiu expulsar a tres alumnos.
Ante estes feitos, a Xunta reiterou a súa "tolerancia cero" ante este tipo de condutas e apelou ao "compromiso colectivo" fronte a comportamentos "contrarios á convivencia" para seguir actuando con "eficacia e dilixencia ante calquera caso que se produza".
Escribe o teu comentario