Marea Atlántica

Atacada a sede da Marea Atlántica, que recibe o apoio de toda a oposición

O desaloxo do CSO A Insumisa pode ser a escusa, vista as pintadas, da desfeita á sede da confluencia coruñesa. Toda a oposición sae en defensa do grupo de goberno, que se confesa "sen palabras".

Alcaldes, deputados e ata 800 militantes das mareas din basta a Villares

A división en En Marea é de tal calado que pode acabar nunha escisión do grupo parlamentario ou na saída de Luís Villares. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes dos dous bandos enfrontados sobre a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada involucrada nun barullo coa Policía Local. Os defensores da parlamentaria presentan un manifesto que conta con máis de 800 apoios, incluídos deputados, alcaldes e cargos de, entre outros, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Podemos e ANOVA.

Concentracións en solidariedade co CSO A Insumisa

En resposta aos incidentes do pasado mércores, convocáronse dúas concentracións este xoves 24 en Vigo e Santiago de Compostela. Así mesmo, o sábado 26 A Insumisa chamou á xente para manifestarse no Obelisco da Coruña ás 20.00h.

Beatriz Mato e Rey Varela poderían deixar en breve a Xunta para seren candidatos

A pesar de que Rey Varela é un dos nomes que soan como hipotético substituto de Feijóo, todo parece indicar que será candidato a alcalde. Pedro Puy dixo hoxe que unha remodelación de Goberno -que levaría a Beatriz Mato a centrarse aínda máis na Coruña- sería, de producirse, para ben.

A Coruña revisa a compra de pisos a un asesor de Ada Colau

O concello da Coruña nega calquera irregularidade na compra mediante concurso de dous inmobles a unha persoa que colaborou coa Marea Atlántica e despois foi fichada para o concello de Barcelona. Á Asesoría Xurídica unha das compras parécelle nula.

En Marea mostra as súas feridas cunha convención municipal sen os seus alcaldes máis importantes

A tensión entre o sector que apoia ao líder autonómico Luís Villares e sensibilidades como a Marea Atlántica e parte de ANOVA e Compostela Aberta queda en envidencia ante as ausencias da convención deste sábado.

Ferreiro chama a seguir "construíndo xuntos" a Marea Atlántica

O alcalde coruñés defende a marca da marea herculina como foro aberto a todas as organizacións, incluído Podemos Galicia. Este sábado a confluencia fixa as súas liñas políticas para as próximas eleccións.

O alcalde da Coruña presentarase de novo e descarta competir pola Xunta
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), descartou de forma rotunda que teña aspiracións no ámbito político autonómico e puntualizou que sempre lle pareceu "unha tomadura de pelo á cidadanía presentarse a un cargo e ao ano seguinte marcharse a outra cousa".
Podemos Galicia marca as “liñas vermellas” do partido para 2019

O novo regulamento interno de Marea Atlántica contradi o código ético da formación morada. 

Xulio ​Ferreiro saca adiante os orzamentos co apoio do PSOE

O PP votou en contra criticando "máis parálise" e o BNG porque lles rexeitaron alegacións incluídas no seu propio programa electoral.

​Marea Atlántica vota se cambia a estrutura para as municipais

Ferreiro defende que participaron nunha proposta membros de Podemos, Esquerda Unida, Equo, Anova e xente sen militancia.

O PP tacha a Ferreiro de “incompetente” polo gasto no transporte urbano

Os populares reprochan que as actuacións vinculadas ao transporte urbano fixéronse “a través de contratacións a dedo”.

Marea Atlántica rexeita coaligarse con Podemos nas municipais

Así o anunciou Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, que á súa vez deixou aberta a posibilidade de crear alianzas municipais. 

O Concello aproba os orzamentos municipais para 2018

A votación contou cos apoios de Marea Atlántica e PSOE, a abstención do BNG e a negativa do PP.

O BNG anuncia a súa abstención na votación polo orzamento municipal

O grupo nacionalista non apoiará as contas do próximo ano ao considerar que Marea renunciou “” ao seu programa electoral. 

O rexedor ferrolán non ten présa en decidir se se presenta en 2019

O alcalde da cidade departamental, á fronte de Ferrol en Común, apraza a súa decisión, como tamén o fai Noriega en Santiago. 

Xulio Ferreiro quere repetir como candidato nas municipais

O rexedor coruñés avisa de que será baixo a marca de Marea Atlántica e só se as bases así o deciden.

Afíns á Marea conseguen a metade dos contratos menores

Ao non superar os 20.000 euros, o goberno pode adxudicalos a dedo, sen publicidade, unha práctica moi criticada pola oposición.

Marea Atlántica busca "renovar a aposta" para as municipais

A formación abre un novo proceso de debate que durará ata finais de xaneiro.

O acordo co PSOE permite aprobar as ordenanzas fiscais de 2018

Un pleno extraordinario no Concello da Coruña deu luz verde ao texto de maneira inicial.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE