Alcaldes, deputados e ata 800 militantes das mareas din basta a Villares

A división en En Marea é de tal calado que pode acabar nunha escisión do grupo parlamentario ou na saída de Luís Villares. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes dos dous bandos enfrontados sobre a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada involucrada nun barullo coa Policía Local. Os defensores da parlamentaria presentan un manifesto que conta con máis de 800 apoios, incluídos deputados, alcaldes e cargos de, entre outros, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Podemos e ANOVA.


|

A división en En Marea é de tal calado que pode acabar nunha escisión do grupo parlamentario ou na saída de Luís Villares. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes dos dous bandos enfrontados sobre a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada involucrada nun barullo coa Policía Local. Os defensores da parlamentaria presentan un manifesto que conta con máis de 800 apoios, incluídos deputados, alcaldes e cargos de, entre outros, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Podemos e ANOVA. 


O último capítulo do culebrón  rupturista é o manifesto "Coidando a Unidade". Destacados membros de Podemos Galicia, ANOVA e as mareas máis importantes chaman entre liñas a expulsar a Villares e os seus da dirección. 



Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea

Luís Villares e Paula Quinteiro


MÁIS ASINANTES DO MANIFESTO QUE VOTOS POLA DIMISIÓN DE QUINTEIRO

"O espazo de ruptura debe dotarse de instrumentos que impidan que unha minoría estea na sala de mandos, alimentando a estratexia fraccional que só beneficia ao PP", argumenta o texto. Nel, os críticos presumen de conseguir "máis de 800 apoios, cifra que ademais supera os votos a favor da dimisión".


Na consulta sobre a dimisión de Quinteiro, consulta que os críticos boicotearon por vela ilexítima, un total de 790 inscritos votaron si á pregunta formulada, mentres que os 138 restantes consideraron que a parlamentaria non tiña que deixar a súa acta parlamentaria.


SECTORES CRÍTICOS

O máis importante deste novo manifesto non é que os críticos enarboren cifras para mostrar a súa suposta superioridade cuantitativa. Tampouco é que se advirta que con estas cifras En Marea non pode  forzar a renuncia da deputada de Podemos. O máis relevante é a advertencia pública a Villares de que ten en contra a "militantes e cargos institucionais de practicamente todas as mareas do país, de todos os territorios, tradicións e militancias".


E é que entre os asinantes hai nomes moi destacados na contorna social e institucional da confluencia, incluídos cinco parlamentarios e dous alcaldes. Por poñer algún exemplo: Carmen Santos (deputada Parlamento de Galicia e líder de Podemos Galicia), Rocío Fraga (concelleira Marea Atlántica), Marta Lois (concelleira Compostela Aberta), Jorge Duarte (concelleira  Compostela Aberta), Ángela Rodríguez (deputada Congreso ), Luca Chao (deputada  Parlamento de Galicia), Pilar Candoncia (concelleira en Ames Nova), Antón Dobao (Son de Teo),  Xosé Manuel Pazos (alcalde de Cangas), Pepe Arias (responsable de comunicación de Anova), Xosé Lois Piñeiro (alcalde da Pobra), etc. 


CAMIÑO  Á ESCISIÓN?

Así as cousas, ninguén pode asegurar que En Marea aguante ata o final da lexislatura. O primeiro cargo que dixo basta é Rafa Sisto, alcalde de Teo e unha persoa referente en ANOVA, que se deu de baixa da confluencia. Sisto márchase, entre outros motivos, alegando que Villares está en mans de Cerna, a escisión de ANOVA. 


En definitiva, un novo capítulo do eterno cainismo que lastra desde o seu nacemento á esquerda soberanista galega. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE