A polémica carta de Alberto Nuñez Feijóo que enviou ás familias das Galiñas Azuis, completa no interior, chega ao Parlamento. A deputada Paula Quinteiro rexistrou unha iniciativa para que "Feijóo pida desculpas" pola felicitación do Nadal.
Un dos éxitos do pasado 8 de Marzo foi a visualización destas realidades ocultas. Extraelas do ámbito privado para dar contas da trama estrutural de opresións que se atopa detrás de cada una delas, e que non podemos aceptar como algo natural.
Como leva semanas advertindo Galiciapress, o grupo parlamentario no Parlamento Galicia de En Marea camiña cara á escisión e poida que tamén a propia confluencia. Hoxe o principal partido nacionalista do líder da oposición, a ANOVA de Beiras e Noriega, deixou claro que non lle vale dirección de Luís Villares, á que considera unha "rémora" sen propósito de emenda. Como tampouco lle vale a Podemos Galicia e a moitas das mareas municipalistas.
A división en En Marea é de tal calado que pode acabar nunha escisión do grupo parlamentario ou na saída de Luís Villares. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes dos dous bandos enfrontados sobre a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada involucrada nun barullo coa Policía Local. Os defensores da parlamentaria presentan un manifesto que conta con máis de 800 apoios, incluídos deputados, alcaldes e cargos de, entre outros, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Podemos e ANOVA.
Desde mañá, os inscritos poden votar na consulta de En Marea sobre a dimisión de Paula Quinteiro, a deputada implicada nun suposto incidente coa Policía. Unha consulta que "non ofrece garantías", segundo unha misiva enviada á militancia morada (carta completa no interior). Os militantes de Podemos Galicia, ademais, deberán pronunciarse sobre o futuro de Pablo Iglesias por mor da compra lla súa casa. A Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, estas dúas consultas parécenlle inadecuadas.
A guerra interna desatada nas mareas por o caso Quinteiro está a dar a lugar a situacións peculiares, como a de Xoán Hermida, que dimite como deputado só catro días despois de asumir a súa acta. Previamente dixera que non aceptaría o cargo, dado que o tamén está inmerso nunha polémica coa Policía.
As bases de En Marea votarán se Paula Quinteiro debe seguir como deputada pero coma se non o fixesen, porque o que digan non será vinculante e os que apoian á deputada de Podemos xa advirten que a consulta carece de lexitimidade. A consulta ás bases non servirá pois para pechar unha crise que dura xa varios meses e que deixa a Luís Villares moi tocado como líder.
A incapacidade da confluencia de pechar o caso Quinterio segue prexudicando a En Marea. Hermida, a quen lle toca asumir un acta de deputado, acepta incorporarse ao Parlamento, pero renuncia a exercer ata que se resolva a lea no grupo parlamentario.
O portavoz de En Marea quita importancia ao peso de Podemos Galicia, cuxo número 2 tivo que dimitir hoxe por falsear o seu currículo, no seu grupo Parlamentario: "A única correlación de forzas interésame é a de En Marea e o PP"
O portavoz de En Marea quita importancia ao peso de Podemos Galicia, cuxo número 2 tivo que dimitir hoxe por falsear o seu currículo, no seu grupo Parlamentario: "A única correlación de forzas interésame é a de En Marea e o PP"
Xoán Hermida non asumiría o acta de deputado que lle corresponde se Paula Quinteiro dimite. Alega que hai que predicar co exemplo. Así, ademais, a acta da confluencia seguiría estando en mans dunha militante de Podemos Galicia.
Presentarase Martiño Noriega á reelección á alcaldía de Santiago? Este un dos temas desta entrevista, na que o líder de Compostela Aberta fai balance a nivel local (relacións co PSOE, co BNG, depuradora, “poderes fácticos”, o papel de Compostela Monumental, etc.), comarcal (Mina de Touro) e autonómico. A En Marea pídelle responsabilidade e critica que non soubese pechar o caso Quinteiro.
O que parecía un ultimato do portavoz á deputada implicada nun incidente coa Policía xa non o é. Villares gaña tempo para centrarse nas eleccións locais. Mentres no Consello insisten en que se debe preguntar aos inscritos.
A crise da confluencia agrávase antes de entrar na data decisiva. Podemos Galicia marca territorio e chama a "reconstruír o espazo político do cambio". O portavoz Villares mantense firme e segue pedindo a dimisión de Paula Quinteiro. Desde ANOVA xa recoñecen que o debate é tal que se xerar "obstáculos" á "unidade popular".
O portavoz da confluencia deulle unha semana a Paula Quinteiro, a deputada implicada en barullo coa Policía, para dimitir. Os conservadores tómanlle a palabra a Luís Villares e prognostican que se marchará Quinteiro do grupo parlamentario acompañada doutros anticapitalistas, ou quen dimitirá será o propio Villares. Mentres, desde ANOVA pídese tranquilidade ante unha situación interna moi tensa.
O líder e portavos de En Marea deu un prazo de sete días á deputada implicada nun incidente coa Policía para que dimita. Algo que a Podemos Galicia parécelle unha "tolemia". A crise, e mesmo o risco dunha posible escisión, no grupo parlamentario da confluencia agrávase.
Nun novo xiro do Caso Quinteiro, Villares alínease co Consello dás Marea e reclama que Paula Quinteiro, quen esgrimiu a súa credencia de deputada nunha discusión coa Policía, dimita.
"Ás veces dá a sensación de que o que menos importa é a saúde das mareas locais, que son o futuro da unidade popular", di o rexedor
Debe unha forza incapaz de xestionar un conflito interno menor gobernar Galicia algún día? Este é o que poden estar a pensar moitos votantes de En Marea ante o espectáculo que está a dar a confluencia. O último capítulo, o grupo parlamentario pasa do Consello de En Marea, o máximo órgano da confluencia, e apoia que Paula Quinteiro continúe como deputada. Desde Podemos Galicia xa se pronuncian, mesmo, sobre unha posible escisión.