Podemos Galicia critica as consultas ás bases sobre o chalé de Iglesias e a dimisión de Quinteiro

Desde mañá, os inscritos poden votar na consulta de En Marea sobre a dimisión de Paula Quinteiro, a deputada implicada nun suposto  incidente coa Policía. Unha consulta que "non ofrece garantías", segundo unha misiva enviada á militancia morada (carta completa no interior). Os militantes de Podemos Galicia, ademais, deberán pronunciarse sobre o futuro de Pablo Iglesias por mor da compra lla súa casa. A Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, estas dúas consultas parécenlle inadecuadas.


|

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, en rolda de prensa

Desde o martes, os inscritos poden votar na consulta de En Marea sobre a dimisión de Paula Quinteiro, a deputada implicada nun suposto incidente coa Policía. Unha consulta que "non ofrece garantías", segundo unha misiva enviada á militancia morada . Os militantes de Podemos Galicia, ademais, deberán pronunciarse sobre o futuro de Pablo

Iglesias

por mor da compra lla súa casa. A Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, estas dúas consultas parécenlle inadecuadas. 


DEFENDE A IGLESIAS PERO CRITICA A CONSULTA


Iso se, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quixo diferenciar entre as consultas sobre o futuro de Pablo Iglesias e Irene Montero e a de Paula Quinteiro, xa que, aínda que cre que ambas "son excesivas", a primeira corresponde a unha "cuestión de confianza" mentres que a segunda non segue "os procedementos regrados" para a revogación dun cargo nos estatutos de En Marea.

"O que fai Pablo Iglesias é diferente ao de Paula Quinteiro. El expón, dentro das súas funcións como secretario xeral, unha consulta equivalente a unha cuestión de confianza", sinalou a tamén deputada de En Marea nunha comparecencia de prensa este luns na que denunciou o "linchamento público desmesurado" que, ao seu xuízo, está a sufrir o líder morado e a portavoz de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero.


CARTA DE PAULA QUINTEIRO


A continuación, Carmen Santos, que sempre defendeu a continuidade da súa compañeira en Podemos e no Pazo do Hórreo, xustificou a súa oposición á consulta sobre a deputada galega porque, á súa entender, "substitúe" a un procedemento de revogación de cargo na que, ademais, "a simple pregunta parte dunha premisa falsa", segundo Santos.


A propia Quinteiro remitiu aos inscritos de Podemos unha carta na que se defende das acusacións e, de paso, pon en cuestión a lexitimidade da consulta montada por algúns dos seus compañeiros en En Marea. Este é o texto completo:


Bo día compañeiras e compañeiros:


O primeiro que quero é agradecervos enormenente todos os apoios recibidos, que me están a dar forza nestas semanas moi difíciles, nas que estou sufrindo acusacións moi graves, e que son totalmente falsas.


Quero transmitirvos que é absolutamente falso que participase nun acto vandálico, danase algún vehículo e toda a sarta de barbaridades e mentiras das que se me veñen acusando. Por iso, non incumprín en ningún momento o Código Ético de Podemos ou En Marea. Nin sequera existíu denuncia algunha contra min, porque non incurrín en ningún delito e non fixen uso indebido da miña condición de deputada. Non teño ningunha vinculación con actos vandálicos e condénoos totalmente.


A miña actuación de mediación ante unha situación de tensión, manipulouse dende o principio, mentíndose sen pudor acerca do que todas as presentes consideramos como un incidente menor, e a propia policía municipal calificou públicamente como un incidente menor.


En ningún momento pretendín conseguir ningún beneficio para min nin para ningunha outra persoa, e esta conclusión só foi exposta por quen pretendeu construír e aproveitar unha versión interesada dos feitos.


Estou sendo vítima dunha campaña de infamias e calumnias, con todo o que iso supón, especialmente pola situación de indefensión na que me atopo, e baixo a que en ningún momento se respectou a miña presunción de inocencia.


Aguantei grazas ao apoio da maioria do grupo parlamentario. Por responsabilidade non falei máis nos medios, porque o único que resulta favorecido de todo iso é o PP, con unha das súas habituais cortinas de fume.


Ó longo deste proceso tortuoso, marcado por un evidente paternalismo, tiven que aturar calumnias sen fundamento, xuízos paralelos e, pese a iso, decidín non falar nos medios. Mais esta decisión se fixo insostible cando o propio Mariano Rajoy aproveitou o relato falsamente construído para calumniarme, con total impunidade, no Congreso dos Deputados, así como calumniou a outras compañeiras e compañeiros de Podemos para facer o que mellor sabe: mentir coa fin de ocultar a súa corrupción e o desastre das súas políticas neoliberais. Sabemos ben por experiencia de que pasta están feitos.


En definitiva, penso que non teño ningún motivo para dimitir e que, máis alá do alivio persoal que podería supoñer, significaría unha derrota colectiva difícil de superar. O PP tería carta branca para liquidar adversarios políticos, mentirían con aínda máis impunidade e, finalmente, eu acabaría sendo a primeira dunha lista cada vez máis longa. Penso que non lles podemos deixar que gañen. A peor derrota sería dar crédito ao seu relato.


Ademáis, somos moitas as que consideramos que esta consulta, tal e como está convocada, non ofrece garantías. O censo que está convocado á consulta non é o mesmo que participou nas primarias polas que saín elexida, é moito máis minoritario.


Moitas grazas pola vosa atención e, unha vez máis, por todas as mostras de apoio recibidas. Unha forte aperta!


Paula Quinteiro. Conselleira Cidadá de Podemos Galicia e Deputada de En Marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE