Paula Quinteiro

Unha dividida En Marea pide á deputada Quinteiro que dimita

O Consello de En Marea aprobou este venres unha resolución na que piden á deputada que se viu envolvida nunha disputa coa Policía Local na madrugada do sábado ao domingo que deixe a súa acta de deputada. A decisión tomouse por maioría nunha votación na que xa non estaban os críticos e na que o líder da formación, Luís Villares, e os outros dous deputados abstivéronse.

Villares busca que a deputada implicada nunha rifa coa Policía dimita

Paula Quinteiro pide desculpas máis de 24 horas despois de que saltase a noticia. Con todo, a súa sorte depende agora do Consello das Mareas tras negarlle o grupo parlamentario o seu apoio.

​Esta é a versión da deputada implicada nun incidente coa Policía

Paula Quinteiro, a deputada implicada nun barullo coa Policía, relata o seu punto de vista da polémica. Versión que difire bastante coa adiantada onte por La Voz de Galicia en base a un atestado da Policía Local de Santiago.


Unha deputada de En Marea vese implicada nunha disputa coa Policía de Santiago

O atestado policial recolle que "dificultou" a identificación dun mozo e a parlamentaria defende que mediou para acougar a situación


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE