Esta é a versión da deputada implicada nun incidente coa Policía
Paula Quinteiro, a deputada implicada nun barullo coa Policía, relata o seu punto de vista da polémica. Versión que difire bastante coa adiantada onte por La Voz de Galicia en base a un atestado da Policía Local de Santiago.

De feito, a parlamentaria de En Marea acusa entre liñas á policía de filtrar o atestado aos axentes de confabularse para favorecer ao PP, que pide a súa cabeza.
A deputada nega a orixe dos incidentes, que o seu grupo estivese a romper retrovisores. Acusa a un policía de pasar da raia durante as identificacións e asegura que xamais tentou amedrentar aos funcionarios.
No seu desmentido, a militante anticapitalista destaca que ninguén foi detido. O certo é que tampouco consta ningunha denuncia por vandalismo.
Este é o seu relato completo do sucedido na madrugada do sábado en Compostela:
Co obxecto de responder ás acusacións infundadas que se están vertendo dende diferentes medios de comunicación, gustaríame aclarar ou que sucedeu e, sobre todo, ou que non sucedeu a noite do 17 de marzo.
— Paula Quinteiro (@pau_qa) 20 de marzo de 2018
Grazas polos apoios recibidos! pic.twitter.com/29XYveba0A
Escribe o teu comentario