A crise de En Marea polo caso Quinteiro abre o debate dunha escisión
Debe unha forza incapaz de xestionar un conflito interno menor gobernar Galicia algún día? Este é o que poden estar a pensar moitos votantes de En Marea ante o espectáculo que está a dar a confluencia. O último capítulo, o grupo parlamentario pasa do Consello de En Marea, o máximo órgano da confluencia, e apoia que Paula Quinteiro continúe como deputada. Desde Podemos Galicia xa se pronuncian, mesmo, sobre unha posible escisión.
Debe unha forza incapaz de xestionar un conflito interno menor gobernar Galicia algún día? Este é o que poden estar a pensar moitos votantes de En Marea ante o espectáculo que está a dar a confluencia. O último capítulo, o grupo parlamentario pasa do Consello de En Marea, o máximo órgano da confluencia, e apoia que Paula Quinteiro continúe como deputada. Desde Podemos Galicia xa se pronuncian, mesmo, sobre unha posible escisión.
Consello das mareas que tratou o caso Quinteiro
Hoxe os alcaldes urbanos da coalición evitaron furgar na ferida. Xulio Ferreiro (A Coruña) e Martiño Noriega (Compostela) son conscientes de que estas loitas internas supoñen un desgaste para as súas aspiracións de repetir no cargo.
Conflitos internos que, por outra banda, parece que xa levaron por diante as aspiracións do terceiro promotor da confluencia, Jorge Suárez. O alcalde de Ferrol sementou moitas dúbidas sobre se presentará.
VILLARES NON HA LOGRADO CONSOLIDARSE COMO LÍDER UNIFICADOR
Quen si furga na ferida , e con gusto, son os rivais políticos. "Luís Villares é xa parte do pasado da política galega e debería pensar en abandonar unha política na que a súa voz non conta e a súa palabra non ten peso", espetáronlle hoxe ao número 1 de En Marea desde o PPdeG.
O certo é que o sucedido estes días evidencia o que xa se percibía hai meses. Villares foi incapaz de actuar como a figura exterior, non afiliada a ningún partido, que unifica os diferentes bandos. Non só non logrou liquidar as tensións iniciais entre Podemos Galicia e o resto da confluencia, senón que moitas desas faccións dividíronse á súa vez. Nin sequera na ANOVA de Xosé Manuel Beiras as posturas son unánimes. Algunhas das principais mareas, como a Marea Atlántica, evitan unha e outra vez apoiar o labor do ex-xuíz.
Desde o PSOE a presidenta da Deputación de Pontevedra frégase as mans, consciente de que o sucedido desgasta a aspiracións das mareas locais nas municipais. Mesmo Ciudadnos Galicia emitiu hoxe un comunicado equiparando a actuación de Quinteiro coa corrupción. "A deputada enfrontouse aos axentes policiais cando estes estaban a facer o seu traballo, mentres a súa parella e os seus amigos dedicábanse a esnaquizar propiedades públicas e privadas, entrando ela, abusando da súa posición de parlamentaria, a querer impedir o traballo da Policía", din os laranxas.
E Quinteiro que di? Pois, pouco, a verdade. A deputada no epicentro da tormenta négase a dimitir, como lle esixe o Consello que di gobernar En Marea. Arroupada por Podemos e polo grupo parlamentario de Villares, nega que usase a súa acreditación para entorpecer o labor da policía. O que non nega é que a esgrimise nunhas circunstancias que nada tiñan que ver coa súa condición de deputada.
UN EXPEDIENTE INFORMATIVO NON PECHARÁ ESTA CRISE
A anticapitalista respondeu pedindo que se abra un expediente informativo no Consello. De producirse, sexa cal for o seu resultado, o expediente será insuficiente para pechar ben esta crise interna.
Na súa primeira explicación, Quinteiro limitaba o sucedido ao ámbito persoal e daba a entender que todo era unha manobra do PPdeG para desgastar a En Marea. Tivese ou non razón, unha semana despois é evidente que a estratexia conservadora deu resultado e as costuras da confluencia están á vista de todos, máis abertas que nunca.
Hoxe a líder de Podemos Galicia chegou a dicir que espera que a crise non acabe na partición do grupo parlamentario. Outra vez a esquerda galeguista falando de posibles escisións, outra vitoria política para o homóxeneo, polo menos de portas para fóra, Partido Popular de Galicia.
Escribe o teu comentario