O alcalde da Coruña presentarase de novo e descarta competir pola Xunta

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), descartou de forma rotunda que teña aspiracións no ámbito político autonómico e puntualizou que sempre lle pareceu "unha tomadura de pelo á cidadanía presentarse a un cargo e ao ano seguinte marcharse a outra cousa".

|

Xulio Ferreiro no pleno municipal


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), descartou de forma rotunda que teña aspiracións no ámbito político autonómico e puntualizou que sempre lle pareceu "unha tomadura de pelo á cidadanía presentarse a un cargo e ao ano seguinte marcharse a outra cousa".

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, recollida por Europa Press, Ferreiro remarcou que "nunca" viu "o Concello da Coruña como un trampolín para nada". "Non tiven ambicións políticas en ningún momento, situeime aquí para dar un paso adiante para axudar nun proxecto colectivo que era Marea Atlántica, teño a sorte, o orgullo e a satisfacción de ser o alcalde da Coruña", engadiu, asegurando que "está centrado en terminar este mandato e optar á reelección se así o consideran os compañeiros da Marea Atlántica".

Eludiu responder sobre a consolidación do liderado de Luís Villares en En Marea, alegando que non é o seu debate nin a súa preocupación e limitándose a sinalar que Villares "é o portavoz parlamentario de En Marea, o líder da oposición e ten que seguir facendo ese traballo de oposición tan necesario".

"Non o sei, iso terao que dicir el, non teño iso na cabeza, aínda queda moito", respondeu á pregunta de se considera que Luís Villares repetirá como candidato.

Precisamente, preguntado sobre as súas afirmacións pasadas sobre como se estaban facendo as cousas en En Marea, esquivou a pregunta, limitándose a responder asegurando que está centrado tan só na política municipal da Coruña. "Eu teño a sensación de que o Concello da Coruña ocúpame moitísimo tempo e moitísimas preocupacións, estou centrado na Coruña, nunca tiven ningunha intención de dar un salto a outro lugar nin ter protagonismos noutro lugar", manifestou.

"Cando se construíu en Marea botei unha man por responsabilidade, por sentido común e porque se me pediu, pero non quero ser un elemento discordante", resaltou.

Despois de que a Marea Atlántica reivindase a súa autonomía de En Marea, Xulio Ferreiro explicou que o "espazo político" da formación "construíuse de abaixo a arriba, por cuestión de tempos e por convicción de que as mareas tiñan que ser proxectos locais".

"Eu fun o primeiro en arrimar o ombreiro para crear En Marea porque eu entendía que tiña que haber ese paraugas que nos axudase a estar en toda Galicia", aseverou, pero matizando que na campaña das municipais "débese falar das cidades".

Con todo, remarcou que se mantén aberto á posibilidade de agrupar a área metropolitana da Coruña e de establecer alianzas desde a área metropolitana á provincia.

Ante as afirmacións de Xosé Manuel Beiras sobre a súa percepción de que as preocupacións da esquerda estaban máis nas enquisas que nas necesidades cidadás, ha replicado que "preocupacións cortesás hainas en todas partes" pero que non son o que teñen nin o seu equipo nin a Marea Atlántica", situando as súas "preocupacións" na situación dos pensionistas ou en políticas sociais na Coruña.

NON VE RISCO DE MÁIS DUNHA FORMACIÓN RUPTURISTA PARA AS MUNICIPAIS


Sobre a incógnita de a participación de Podemos, opina que "toca sumar", porque "a suma multiplica" e todos caben "nun proxecto amplo" e confiando en que todos os sectores estean representados nas listas electorais para as próximas eleccións municipais.

Neste sentido, manifestou que entende que "non existe risco" de que se rexistre a presenza de varias formacións de proxectos rupturistas. "Temos que poñer todo o sentido común para que iso non pase".

CUMPRIMENTO "MOI ALTO" DO seu PROGRAMA


Xulio Ferreiro manifestou estar "razoablemente satisfeito" do balance da súa lexislatura, na que indicou que existe un "nivel de cumprimento do programa moi alto, e avanzando que "que queda un ano moi importante", en especial, tras a primeira aprobación dos orzamentos no principio do ano.

Sobre a polémica xerada por a adquisición da administración local de pisos a unha persoa que asinou o documento da Marea Atlántica, ha replicado que hai unha comisión técnica que considera que "eses pisos non incumpren as bases do concurso". "Iso faise con total transparencia a comisión, as decisións tómanas altos funcionarios do Concello da Coruña sen inxerencias e perfectamente explicadas", engadiu.

Nesta liña, retou á oposición para acudir ao Xulgado para demostrar as supostas irregularidades que denuncian, acusando ao PP de ter unha estratexia que a el daríalle "vergoña", ao "tentar convencer á sociedade de que todos son tan corruptos como eles, é algo lamentable pero non é certo".

A continuación, tamén dirixiu as súas críticas ao PSOE, ao que pediu que "unha vez terminado o entroido tería que deixar de facer de comparsa do PP". "E se alguén non o ten claro que vaia ao Xulgado, fálase moito pero despois non se denuncia nada", puntualizou.

NOVOS RETOS


Ante a situación de os 'okupas' na antiga Comandancia de Obras, sinalou que se lles pedirá que permitan acometer as obras, antes de seis meses. "Se non o fan, pois xa se verá e xa actuaremos", debido a que indicou que o "concello da Coruña é responsable de que un equipamento público estea ao servizo de toda a cidadanía".

Os retos que se marca a formación para o que queda de mandato pasan por aumentar a obra pública, incidir na política social, no coidado do espazo público, con novos proxectos de reurbanización como o da rúa da Torre.

Tamén citou como "grandes retos" a construción da área metropolitana, e "salvar a fachada litoral da cidade de manobras especulativas" ante o "escenario de absoluta indefinición da Xunta de Galicia e de Portos do Estado".

NOVOS LIDERADOS NO PSOE


Finalmente, cuestionado sobre os novos liderados no PSOE, manifestou que confía en ter a partir de agora "máis claridade na interlocución", debido a que asegurou que "era difícil nos últimos anos falar co PSOE porque non había voces unívocas e iso complicaba a interlocución".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE