Atacada a sede da Marea Atlántica, que recibe o apoio de toda a oposición
O desaloxo do CSO A Insumisa pode ser a escusa, vista as pintadas, da desfeita á sede da confluencia coruñesa. Toda a oposición sae en defensa do grupo de goberno, que se confesa "sen palabras".
Local da Marea Atlántica
O local de Marea Atlántica na Coruña, situado na Praza do Humor, amenceu este sábado con numerosas desfeitas e pintadas tanto no exterior como no interior.
RELACIONADO CO DESALOXO DA OKUPA
En concreto, segundo a información de emerxencias, descoñecidos romperon durante a noite as ventás da sede con lastras e danaron tamén o enreixado de entrada e distintos elementos no interior. A maiores, apareceron pintadas como 'Desaloxos=disturbios'. A Garda Civil e a Policía Local están na zona investigando os feitos.
Estes feitos ocorren poucos días despois do enfrontamento protagonizado entre okupas e a Policía Local tras o desaloxo da antiga Comandancia de Obras da Coruña, que se saldou con varios feridos.
SOLIDARIEDAD DA OPOSICIÓN
Tras coñecer o ataque á sede da Marea Atlántica, os grupos municipais expresan o seu rexeitamento a este tipo de actos violentos. En concreto, o Grupo Municipal Socialista apostou por "o respecto e o diálogo como fórmulas para expresar opinións, acordos e discrepancias" e trasladou o seu apoio e solidariedade a Marea Atlántica e á súa militancia.
Pola súa banda, o BNG da Coruña cualificou de "despreciable" calquera actitude ou acción violenta, que "nunca será o camiño". Do mesmo xeito, destacou que este tipo de actos "mostran as carencias, o despropósito e a intolerancia de quen as comete".
Tamén a portavoz do PP local, Rosa Gallego, colgou unha mensaxe na rede social Twitter expresando o "rexeitamento absoluto" ao ataque e dando unha mensaxe de ánimo ao alcalde, Xulio Ferreiro. "A violencia non se pode xustificar xamais", apuntou.
Así amenceu hoxe ou local dá Marea Atlántica.
— Marea Atlántica (@mareatlantica) 26 de maio de 2018
Sen palabras. pic.twitter.com/1E3DmINyh2
Escribe o teu comentario