O balance de superficie queimada nestes días supera á do resto do ano

Sen ningún incendio que poña en perigo xa a núcleos de poboación, a Xunta adianta que as cifras serán elevadas.


|

Incendioviviendas

Ningún lume ameaza casas. Foto: @marcoscal_


Coa situación 2 por proximidade do lume a núcleos de poboación desactivada en todos os incendios que seguen avanzando sen control en Galicia, a Xunta comeza a facer balance desta vaga de lumes.


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, asegurou que "o 100% dos incendios" forestais rexistrados durante o pasado fin de semana "foron intencionados" e tamén afirmou que a superficie queimada polos 276 lumes desta onda "vai ser superior a toda a ardida durante o ano".


Así o avanzou durante unha comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento de Galicia, na que, como en anteriores ocasións, non cifrou o número de hectáreas calcinadas nin no que vai de ano nin nos últimos días.


50 INCENDIOS, 21 ACTIVOS


Galicia rexistra esta tarde 50 incendios forestais, segundo a información da Consellería, dos cales 21 permanecen activos, pero Medio Rural desactivou a situación 2 nos sete que quedaban.


En total, outros oito lumes están estabilizados e 21 incendios controlados.


AS CIFRAS DE MEDIO RURAL


A conselleira lembrou que a tempada de verán acabou o 30 de setembro cun terreo queimado un 44% inferior ao que ardeu en 2016 ata esa data, e contabilizou esta diferenza en 9.000 hectáreas menos.


O balance do verán (de 1 xullo a 30 setembro), segundo engadiu, deixou un número de incendios un 20% inferior ao do mesmo período de 2016, e cun 70% menos de superficie queimada, isto é, 6.000 hectáreas menos.


En 2016, de acordo cos datos que analizou o Consello da Xunta, a comunidade superou as 20.000 hectáreas queimadas (20.347), máis de 9.000 de monte arborizado, ata comezos de novembro.


FEIJÓO ANUNCIOUNO NA RADIO


Núñez Feijóo anunciou no programa de radio Las mañanas de RNE que xa non hai ningún incendio que poña en risco zonas habitadas, ademais de defender o dispositivo de extinción despregado.


"Se polo feito de non poder controlar os incendios durante 12 horas, esas 12 horas fatais, vai poñer en cuesitón a profesionalidade, a estratexia e a planificación dos servizos de extinción da Xunta, eu non me apunto", defendeu.


A aparición da chuvia e o descenso das temperaturas reduce este martes, 17 de outubro, o risco de incendios, que continúa en Galicia nun nivel moderado. As precipitacións, ademais, axudaron esta madrugada para combater o lume nas zonas onde non chovera o luns.




relacionada Miles de persoas maniféstanse contra os incendios e a política forestal da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE