Campaña para evitar que sacrifiquen a Gosu, o can PPP "na milla verde" do Refuxio de Bando

O Partido Animalista PACMA reclama ao Concello de Santiago que indulte ao can. 


|

Unnamed (16)
Foto: PACMA

 

A pesar da oposición dos voluntarios, no Refuxio de Bando espera á eutanasia Gous, o american stanford polo que houbo unha gran mobilización na que se pedía evitar o seu sacrificio, xunto cos de Krenchy e Kayser. A diferenza dos outros dous cans, aos que se apostou por reeducar, para Gosu non se logrou un indulto e o padroado do refuxio canino acordou a eutanasia para este Can Potencialmente Perigoso (PPP) cun, aseguran desde o Concello de Santiago, "historial de agresividade". Pese ao informe amplo sobre o caso, Gosu enfróntase agora á picada, ao que se opoñen desde o Partido Animalista PACMA. 

 

 

"CARENTE DE FUNDAMENTO TÉCNICO"

Desde PACMA emitiron un comunicado onde reclaman ao goberno municipal compostelán que paralice a orde de sacrificio considerando que se trata dunha medida "precipitada, inxusta e carente de fundamento técnico, xa que gran parte dos votos a favor proveñen de representantes políticos e non de profesionais do comportamento animal".

 

Nese sentido, apoian a súa solicitude nas informacións que sinalan que o Refuxio de Bando non reune as condicións axeitadas e que estas son "deficientes, até o punto de que os animais non reciben tratamentos veterinarios completos, viven en condicións de hacinamiento e non contan co contacto humano necesario para a súa correcta socialización". 

 

Ao tempo, sinalan que a imposibilidade de poder abordar de maneira individual cada caso pode ser causa dos problemas de conduta dalgúns animais. Por iso, piden unha segunda oportunidade para Gosu: "O can necesita unha avaliación profesional e unha contorna de calma e acompañamento humano que lle permitan recuperar do medo e da tensión que sofre no refuxio".

 

UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE?

Así o cre Yolanda Morais, portavoz de PACMA, que reclama que o Concello ceda a custodia do can á Asociación Abeiro, unha entidade "que votou en contra do sacrificio e manifestou a súa disposición a acoller ao animal para iniciar un programa de avaliación e rehabilitación etológica".

 

Por outra banda, e coa Lei 7/2023 de protección dos dereitos e o benestar dos animais na man, o partido animalista lembra que está prohibido o sacrifico en centros de protección animal si non existen causas ás "estritamente xustificadas por risco para a seguridade ou a saúde pública". "Proceder á eutanasia de Gosu podería constituír unha vulneración directa da lexislación estatal en materia de protección animal", razoan desde PACMA, que reclama a "suspensión inmediata" do sacrificio do animal. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE