Concerto de Amaral na Coruña o 21 de febreiro, única data da súa xira en Galicia
O dío actuará no Coliseum coruñés con motivo da xira Dolce Vita Tour.
Amaral actuará o 21 de febreiro na Coruña, na que será a súa única data en Galicia o próximo ano.
Así, o dúo zaragozano levará ao Coliseum da Coruña o 'Dolce Vita Tour', nun concerto que será unha celebración da música, un reencontro emotivo.
O seu último disco está composto por 15 temas de música renovada e que é un regreso ás súas raíces. As entradas sairán á venda este venres, día 24 de outubro, a partir das 11.00 horas en ataquilla.com, baila.fm e Despacho de billetes Praza de Ourense.
Escribe o teu comentario