Afíns á Marea conseguen a metade dos contratos menores
Ao non superar os 20.000 euros, o goberno pode adxudicalos a dedo, sen publicidade, unha práctica moi criticada pola oposición.
O goberno local da Coruña premia con adxudicacións a asinantes do manifesto da Marea, ou empresas das que son membros. Tal e como informa este luns La Voz de Galicia, desde 2016, o executivo de Xulio Ferreiro concedeulles ata 55 contratos por máis de 300.000 euros para "servizos de toda índole".
A maioría destas adxudicacións teñen que ver coa participación cidadá, pero tamén con actividades culturais ou relativas ao modelo de cidade.
Segundo o citado diario, ningún dos servizos supera os 20.000 euros, polo que se consideran contratos menores e o goberno local non ten que publicitalos. Con todo, o compromiso da Marea era o de "transparencia total" e permitir o acceso dos cidadáns a todos os contratos e resolucións.
A oposición criticou con dureza as adxudicacións. O PP chegou a publicar un folleto para denunciar os "enchufes" de "amigos da Marea", polo que o alcalde anunciou a súa intención de denunciar aos populares. E é que o goberno local argumenta que non "discrimina" a ninguén por asinar o manifesto.
Escribe o teu comentario