O PP tacha a Ferreiro de “incompetente” polo gasto no transporte urbano

Os populares reprochan que as actuacións vinculadas ao transporte urbano fixéronse “a través de contratacións a dedo”.


|


Begou00f1aFreirePPACoruu00f1a


A concelleira do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Begoña Freire, reprochou ao alcalde Xulio Ferreiro a existencia dun gasto “desorbitado” de 535.000 euros en actuacións vinculadas co transporte urbano e que para os populares fíxose a través de "contratacións a dedo".


En rolda de prensa, Freire asegurou que o goberno local expón este gasto para modificar o transporte público "sen cambios" en ningunha liña de autobuses nestes tres anos de mandato. "Non fixo nada salvo bloquear iniciativas doutras administracións como o plan de accesibilidade do transporte interurbano ou a intermodal, co fin de tapar a súa propia incompetencia", sentenciou.


Mantendo unha vez máis o que desde os populares consideran “contratacións a dedo”, a concelleira puxo de exemplos a inclusión nos orzamentos de 2017 e 2018, de 100.000 euros e 150.000 euros, respectivamente, por convenios coa Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona. Tamén fixo fincapé na contratación de dúas persoas para a implantación dunha nova rede de transporte urbano "por 202.000 euros e un período de tres anos", de 2018 a 2020. "O que deixa ver que non vai haber ningún cambio no transporte urbano antes das eleccións municipais", insistiu.


Ás anteriores contías, sumou outras como "45.000 euros" para unha enquisa de transporte urbano. Na mesma liña, cuestionou que se contrate a unha empresa para redactar os pregos do novo contrato de transporte urbano. "Os pregos redactábanos os funcionarios, pero Ferreiro prefire externalizar a súa redacción", denunciou.

relacionada Habilitarase información "en tempo real" sobre a situación do tráfico
relacionada ​Guías de "ciencia cidadá" difundirán o coñecemento de bens comúns
relacionada Marea Atlántica rexeita coaligarse con Podemos nas municipais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE