Habilitarase información "en tempo real" sobre a situación do tráfico
A medida, posta en marcha desde este martes, busca mellorar a xestión e control da circulación de vehículos
O Concello da Coruña habilitará paneis de mensaxes variables de información ao tráfico para ofrecer "en tempo real" datos do estado da circulación na cidade, segundo informou o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío.
En rolda de prensa, Grandío sinalou que a medida, posta en marcha desde este martes, "mellorará a xestión e o control do tráfico", á vez que facilitará ás condutores "opcións e criterios á hora de escoller os percorridos que máis lles conveñan en función da fluidez do tránsito".
O edil de Mobilidade lembrou tamén que, no pasado exercicio, o goberno local instalou en distintos puntos das principais estruturas viarias do termo municipal 23 dispositivos de tecnoloxía bluetooth "que van enterradas no pavimento e que permiten establecer as tendencias do estado da mobilidade rodada na cidade".
Escribe o teu comentario