O acordo co PSOE permite aprobar as ordenanzas fiscais de 2018

|

Plenocoruna 1


A Corporación municipal da Coruña aprobou, nun pleno extraordinario e de maneira inicial, as ordenanzas fiscais para 2018, tras o acordo alcanzado por Marea Atlántica e o PSOE. O BNG abstívose nalgúns puntos, mentres que o PP votou en contra doutros, como o relativo ao recibo da auga.


Na súa intervención, a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, asegurou que estas ordenanzas, aprobadas de maneira inicial, "profundan nos principios de progresividade e equidade para mellorar a situación das persoas en peor situación económica".


Para iso, dixo que se amplían as bonificacións para actividades de especial interese municipal ou se propoñen bonificacións en auga e lixo "con taxas cero en función da renda".


Mentres, o portavoz municipal socialista, José Manuel García, expuxo que o acordo co goberno local busca "que a cidade avance". Tamén destacou aspectos como "as axudas á dinamización da economía" con algunhas das reducións previstas no Imposto de Actividades Económicas (IAE).


CRITICAS EN PP E BNG


Nas filas do PP, Rosa Galego denunciou que se "duplica" o IBI ás empresas portuarias e que as ordenanzas inclúen "unha subida da auga para pensionistas e autónomos", entre outros colectivos, algo que a concelleira de Facenda rexeitou.


A concelleira do BNG, Avia Veira, votou a favor da maioría das ordenanzas, aínda que se abstivo nalgunha delas como a ordenanza dos residuos ao considerar que hai que acabar "coa estafa do lixo", en relación ao que se paga polo tratamento e o que finalmente se recicla.


relacionada O PSOE coruñés rexeita "estruturas paralelas" na área metropolitana
relacionada "Agora aceptan as solucións que o concello leva desde abril propoñendo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress