"Agora aceptan as solucións que o concello leva desde abril propoñendo"

O alcalde da Coruña ve unha "boa noticia" o acordo con Adif e a Xunta sobre a intermodal.


|

Xulioferreirocorunaalcalde



Xulio Ferreiro cualificou de "boa noticia" o resultado da reunión deste mércores con Adif e a Consellería de Infraestruturas sobre o proxecto da estación intermodal.


A preguntas dos xornalistas, asegurou que con Adif está "todo canalizado", mentres que coa Xunta afirmou que tamén está todo "ben". "Agora aceptan as solucións que o concello leva desde abril propoñendo".


"Podíase aceptar en abril e avanzar en máis solucións que teñen que ver co encaixe da estación de autobuses coa do ferrocarril ou o encaixe dos buses interurbanos", expuxo a colación.


Con todo, congratulouse polos avances logrados na reunión. Tamén precisou que non se empeza "de cero" no proxecto básico", aínda que admitiu que a Xunta terá que "refacelo".


relacionada O Concello herculino urxe á Xunta a axilizar os trámites da intermodal
relacionada Ferreiro reprocha á Xunta "falta de compromiso" coa intermodal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE