O Concello herculino urxe á Xunta a axilizar os trámites da intermodal

Desde o Executivo autonómico replican que as "modificacións de calado" propostas afectan aos prazos.


|

Estacioncorunhatren


O Concello da Coruña requiriu á Xunta para que axilice "os trámites necesarios para definir e avanzar" na tramitación do proxecto da intermodal, que cualifica de "estratéxico" para a mobilidade da cidade.


Ademais, avanza que o alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, trasladarán, nunha reunión coa Consellería de Infraestruturas e Adif, "a necesidade de clarificar cuestións sobre a titularidade do chan da futura estación de autobuses".


Mentres, a Xunta asegura que o Concello herculino solicitou "modificacións de calado" e que está a analizar "as posibilidades de encaixar" as mesmas no contrato en vigor cunha empresa para a redacción do proxecto da estación autobuses intermodal. "Que se ve agora afectado en profundidade polos cambios formulados polo concello", apostila.


Por outra banda, sobre o transporte metropolitano e a mobilidade na cidade, indica que o acordo entre a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde, Xulio Ferreiro, era "establecer un cronograma claro para a entrada dos buses metropolitanos ao centro como iniciativa para a mellora da mobilidade a curto prazo".


"Unha vez logrado isto, a Consellería atendería esa solicitude de reunión para abordar as melloras a medio prazo", sinala sobre a petición exposta a este respecto. Con todo, indica que o concello herculino "non cumpriu a súa parte e os buses seguen sen poder acceder ao centro".


relacionada Ferreiro reprocha á Xunta "falta de compromiso" coa intermodal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE