Compromiso de Sanidade para reforzar a atención a persoas con síndrome de Down
Tal e como recollen nun comunicado, o titular da carteira sanitaria interveu nunha xornada sobre atención médica a persoas adultas con síndrome de Down que organiza a Federación Down Galicia en Santiago de Compostela.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, trasladou o compromiso "expreso" da sanidade pública galega co reforzo da atención ás persoas con síndrome de Down para previr o envellecemento precoz e mellorar a súa calidade de vida.
Tal e como recollen nun comunicado, o titular da carteira sanitaria interveu nunha xornada sobre atención médica a persoas adultas con síndrome de Down que organiza a Federación Down Galicia en Santiago de Compostela.
Neste acto, Gómez Caamaño incidiu na implantación de medidas e protocolos que faciliten a mellor asistencia específica no campo da síndrome de down e, por iso, considera de especial interese as boas prácticas que conducen á prevención do envellecemento precoz destas persoas ou á detección temperá do Alzhéimer.
Tamén considera necesario a necesidade de facer revisións periódicas e deseñar protocolos que aborden aspectos físicos, cognitivos e emocionais.
O conselleiro destacou a presenza na xornada do doutor Moldenhauer, referencia estatal en materia de saúde das persoas con síndrome de down, especialmente na idade adulta.
Escribe o teu comentario