Cando un fenómeno de carácter destrutivo como este de os incendios forestais consegue tales dimensións (40.000 hectáreas de media anual, o 25% da superficie total queimada en España) e presenta tal regularidade (todos os anos) ben se pode dicir que estamos diante dun gran problema social e sistémico tanto porque afecta a toda a sociedade galega como porque está relacionado indiscutiblemente coa súa historia máis recente.
A Xunta alude á actividade dos incendiarios para xustificar a vaga de incendios que está a arrasar a provincia. A gravidade dos lumes é tal que as brigadas teñen que recorrer a plantar lume para combater as chamas de noite. As choivas que están a empezar a caer na costa poden ser a salvación, aínda que aínda non chegaron ao castigado suroeste galego.
Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UXT presentaron unha denuncia xudicial contra a Consellería do Medio Rural pola suposta vulneración do dereito a folga dos técnicos de prevención de incendios. Os organismos sindicais arremeten contra o “esquirolismo patronal” despois da entrega da dirección de obras a persoal fóra da Administración.
Primeiro foi un gran incendio florestal en Monterrei, que comezou na parroquia de Flariz. Agora leva ardendo catro días o veciño municipio de Cualedro, onde xa se queimaron 1.535 hectáreas, o maior lume desde a onda de 2017. Os dous prodúcense nunha comarca, a montaña da Raia Seca, lastrada por medio século de emigración masiva e onde a loita contra o lume é un dos poucos empregos, temporais, dispobibles.