A USC demostra o poder dos "megaincendios" que ameazan Galicia para extinguir especies e modificar ecosistemas

Científicos apostas por unha "nova gobernanza" a nivel global e local para preservar a biodiversidade

|

Un estudo publicado na prestixiosa revista 'Science', no que participaron 17 centros de investigación e que contou coa presenza do investigador Adrián Regos da universidade compostelá, tacha aos incendios do futuro máis inmediato de ser un "desafío social e ambiental sen precedentes".


Os 27 expertos probaron como a proliferación de grandes lumes a escala mundial, e que afecta a Galicia neste novo réxime de incendios, ameaza con extinguir algunhas especies tanto animais como vexetais, prexudica de forma decisiva a biodiversidade e modificar os ecosistemas.


Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede


Un consorcio internacional de 17 centros de investigación de varios países, no que participou o investigador da USC Adrián Regos, publicou un estudo na prestixiosa revista 'Science' sobre as consecuencias dos grandes incendios nos ecosistemas terrestres.

Unha das principais conclusións da investigación é que o cambio no réxime de incendios, coa proliferación de grandes lumes a escala mundial, ameaza con extinguir algunhas especies, prexudicar a biodiversidade e modificar os ecosistemas.

O equipo de 27 científicos que elaborou o documento 'Fire and biodiversity in the Anthropocene' alertou de que os grandes incendios forestais serán un "desafío social e ambiental sen precedentes", que requiren novas estratexias e unha "revolución" na xestión do lume.

"Os cambios no uso do chan e a introdución de especies invasoras están a modificar o réxime de incendios e o seu impacto sobre a biodiversidade", sinalou Adrián Regos, quen engadiu que esta transformación está a afectar "a máis de 4.400 especies e hábitats que dependen, en gran medida, dos seus patróns temporais e espaciais".


ESPECIES AMEAZADAS

Os investigadores, que revisaron case 30.000 especies en risco de extinción, advertiu de que polo menos o 15 por cento delas veranse ameazadas pola modificación do réxime de incendios.


Unha maior actividade do lume pode prexudicar ás especies que non son capaces de adaptarse aos cambios pero, sinalou Regos, a diminución desa actividade tamén pode implicar a redución de hábitats crave para moitas especies.


Por iso, nesta investigación sinalouse que eses cambios deben ser tidos en conta á hora de planificar a conservación da biodiversidade. Así, o risco de extinción de especies asociado á alteración do réxime de incendios é maior na sabana (un 27 %) que noutros ecosistemas, como os bosques (un 19 %).


No estudo tamén se propoñen accións para promover a biodiversidade na era dos 'megaincendios' e o cambio climático. Así, exponse xestionar "activamente" o lume para adaptalo a especies e ecosistemas; pídese abordar o problema desde unha perspectiva "máis holística (abordado no seu conxunto) e non só de xestión"; e reclámase ter en conta o papel crítico das comunidades locais.

"Restaurar e promover paisaxes agropastoriles tradicionais crea oportunidades para equilibrar a biodiversidade con outros valores socioeconómicos", apuntaron, e suxeriron "aprender da xestión da poboación local e indíxena, e promover a xestión colaborativa". "A xestión con lume controlado e restablecer queimas de carácter cultural nun contexto moderno mellorarían a biodiversidade e o benestar humano", sinalaron.


"NOVA GOBERNANZA"

Por outra banda, recalcaron que, dado que os cambios crearán "conflitos" entre os obxectivos ambientais e sociais, as achegas científicas "serán cruciais para tomar decisións adecuadas", e apostaron por unha "nova gobernanza" para afrontar os desafíos futuros.


Nese sentido, os investigadores apostaron por institucións "máis eficaces" a nivel internacional e nacional, para promover a conservación da biodiversidade e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. A nivel local, Adrián Regos apuntou a necesidade de conseguir "o tipo correcto de lumes" nas paisaxes que o necesiten, o que require de "alianzas e redes para construír e aplicar o coñecemento".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE