400 hectáreas arrasadas polo lume no que se estrelou un avión no Parque Natural do Xurés

|

Hai activo polo menos outro incendio en Chandrexa e outro en Toén, que queimaron máis de 250 hectáreas entre os dous.


O incendio de Lobios (Ourense), no que onte morreu un dos tripulantes dun hidroavión e o outro quedou ferido, segue activo e queimou xa 400 hectáreas, de acordo cos últimos datos da Consellería do Medio Rural. O outro tripulante segue hospitalizado en Portugal pero está fóra de perigo.


Hidroaviu00f3n estrelado en Lobios nunha foto do twitter de Brif Laza



Neste lume, que entrou desde Portugal e está a queimar terreos do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, afecta desde as 8,00 horas do sábado á parroquia de Manín. Na zona traballaron ata o momento un técnico, 10 axentes, 27 brigadas, 12 motobombas, dúas pas, nove avións e nove helicópteros, ademais da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Segue activo pero estabilizado desde as 00,43 horas do sábado outro lume que afecta a terreos do parque natural: o da parroquia de Requiás, en Muíños, que queimou 50 hectáreas, segundo a estimación provisional. Participaron polo momento seis axentes, 22 brigadas, 14 motobombas, unha pa, nove avións e sete helicópteros.


TOÉN

Tamén na provincia de Ourense, Medio Rural dá por controlado desde as 19,43 horas deste domingo o lume que arrasou 250 hectáreas en Toén, na parroquia de Moreiras. As chamas empezaron o venres pola tarde e, para tratar de apagalas, colaboraron xa tres técnicos, 14 axentes, 37 brigadas, 27 motobombas, tres pas, 12 avións e nove helicópteros, ademais da UME.


CHANDREXA

Por último, o incendio que comezou o sábado ás 20,15 horas en Chandrexa de Queixa, tamén en Ourense, está controlado desde as 19,53 horas deste domingo, tras queimar unha superficie que se estima en 25 hectáreas. Para apagar as chamas, que afectan á parroquia de Requeixo, participaron polo momento catro axentes, 11 brigadas, dúas motobombas, dous avións e tres helicópteros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress