Unha de cada cinco prazas das brigadas de loita contra incendios está sen dono, denuncia UXT

UXT denunciou este domingo que en torno ao 20 por cento das prazas en brigadas do dispositivo contra incendios da Xunta están sen cubrir, "o que significa que non se pode garantir a seguridade no traballo".

|

UXT denunciou este domingo que en torno ao 20 por cento das prazas en brigadas do dispositivo contra incendios da Xunta están sen cubrir, "o que significa que non se pode garantir a seguridade no traballo".


Brigada Vilamaior incedio


Nun comunicado, o sindicato criticou a "incompleta e escasa cobertura" do operativo de extinción de incendios forestais en Galicia este verán. Os chamamentos do persoal de reforzo realizados pola Consellería do Medio Rural, afirma, "son incompletos".


O sindicato reclama que se cubran "todos as postos vacantes e non vacantes, do mesmo xeito que as baixas de longa duración". A falta de cobertura, agrega, nótase nas categorías de condutores de motobombas e vixiantes.


Ademais, o sindicato considerou que a política de prevención "é un alicerce fundamental que non é está a manter" e ha denundicado que ten constancia de que se están producindo prolongacións de xornada. Hai tamén unha "clara infradotación de medios" que afecta especialmente o persoal de reforzo, que ten que traballar "co material propio da campaña do ano 2019".


UXT referiuse, por último, ao persoal técnico, que está en folga desde o 1 de agosto, o cal é "un máis na cadea de despropósitos da nefasta planificación da Consellería".

O sindicato avisou de que "non atender ás demandas do persoal" contribúe a "enquistar as posicións".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE