UXT denunciou este domingo que en torno ao 20 por cento das prazas en brigadas do dispositivo contra incendios da Xunta están sen cubrir, "o que significa que non se pode garantir a seguridade no traballo".
A falta de catro días para que os técnicos de prevención de incendios inicien unha folga indefinida, toda Galicia vive pendente da evolución das queimas que azoutan aos nosos montes e que na última semana calcinaron preto dun milleiro de hectáreas.