Só o terzo norte de Galicia líbrase este luns de estar en risco extremo ante incendios forestais

Practicamente toda Galicia, fóra do seu terzo norte, continúa este luns no nivel extremo, o máis alto, de risco ante incendios forestais.

|

Practicamente toda Galicia, fóra do seu terzo norte, continúa este luns no nivel extremo, o máis alto, de risco ante incendios forestais.


Mapa do índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) en Galicia do luns 27 de xullo de 2020.


Así figura no mapa do índice de risco diario de incendio (IRDI) que publica a web da Consellería do Medio Rural en base a factores como a seca, o estado de matogueiras e pastos e as condicións de humidade, de temperatura e de vento.

Deste xeito, case toda a Comunidade galega estará este luns no máximo nivel de alerta, no quinto. Unha das áreas con menor riscos é a provincia da Coruña, debido a que, aínda que a zona máis ao sur e a comarca do Barbanza si están en nivel extremo, o resto atópase en niveis alto ou moi alto. A única área con risco moderado é a Costa da Morte.

Ademais, na provincia de Lugo, tan só a comarca da Mariña non rexistra un nivel extremo de alerta ante lumes forestais, senón que está en moderado ou alto.

En canto ás provincias de Ourense e Pontevedra, practicamente na súa totalidade atópanse en risco máximo, fóra dalgúns municipios da fronteira entre ambas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE