Máis de 300 hectáreas arden en 5 incendios en Ourense, extintos, e un en Cerdedo-Cotobade, aínda activo

Continúa estabilizado o lume forestal de Cerdedo-Cotobade, que calcina unhas 65 hectáreas

|

As brigadas lograron apagar as chamas na Mezquita, Cualedro e Muíños, este último no Parque Natural do Xurés. Segue ardendo, pero estabilizado, o lume forestal de Cerdedo-Cotobade, que calcina unhas 65 hectáreas.



Os efectivos de loita contra o lume lograron apagar por completo cinco incendios que afectaban á provincia de Ourense, concretamente aos municipios da Mezquita, Cualedro e Muíños, e que en total afectaron a case 270 hectáreas.


Incendio en Muiu00f1vos en o Parque Natural do Xuru00e9s apagado nunha foto de @BrifLaza

Incendio en Muíños no Parque Natural do Xurés  nunha foto de @BrifLaza  


As CHAMAS CRUZARON LA FRONTERA LUSA

Segundo a última información da Consellería do Medio Rural, o máis grande, o rexistrado na Mezquita, concretamente na parroquia de A Esculqueira, quedou extinguido tras afectar a unha superficie de 233,36 hectáreas de superficie --160,36 de monte raso e 73 de arborado--.

Este incendio entrara en Galicia desde Portugal no mediodía do sábado e para a súa extinción, conseguida ás 21,10 horas do luns, mobilizáronse 17 axentes, 36 brigadas, 17 motobombas, tres pas, 12 avións e nove helicópteros.


CUALEDRO ARDE OUTRA VEZ

Os efectivos contra incendios tamén lograron apagar, sobre as 21,33 horas do luns, o foco que afectaba á parroquia de Montes, en Cualedro, desde a noite do pasado domingo.

De acordo coas últimas medidiones realizadas con GPS, este lume forestal calcinou 30 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción traballaron sete axentes, 12 brigadas, oito motobombas, unha pa, catro avións e outros tantos helicópteros. 


Non puido traballar unha das brigadas municipais, illada por un positivo de coronavirus. Cualedro é un dos municipios máis castigados este verán.


OUTRO INCENDIO NO PARQUE NATURAL

Ademais, logrouse apagar outros tres pequenos incendios en Muíños, concretamente na parroquia de Requiás, que afectaron en total a 4,2 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.






Os dous primeiros orixináronse na tarde deste luns, minutos antes das 17,30 horas, e quedaron extinguidos ao redor das 21,30 horas tras queimar 0,8 e 1,4 hectáreas, respectivamente. O terceiro comezou pasadas as 1,00 da madrugada e foi apagado ao redor das 5,15 horas, afectando a 2 hectáreas.

SEGUE ESTABILIZADO O DE CERDEDO-COTOBADE
Por outra banda, continúa estabilizado desde as 12,45 do luns o lume que afecta desde a madrugada anterior ao municipio de Cerdedo-Cotobade, na parroquia de Aguasantas.

Segundo as últimas estimacións, afecta a unhas 65 hectáreas --20 de monte arborado e 45 de raso--. No punto traballaron ata o momento un técnico, nove axentes, 25 brigadas, 23 motobombas, dúas pas, seis avións e tres helicópteros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE