derrota

​Decepción no Dépor por outra derrota máis na casa

Seedor chama a "mirar as cousas ben feitas" contra o Betis. Os xogadores cren que gañar "non sería inxusto porque as tivemos moi claras".

O Dépor non dá coa tecla e suma a terceira derrota da liga

(2-1). Un dobrete de Joaquín deixa outra semana máis os de Pepe Mel sen conseguir nin unha vitoria na competición.

O Celta cae no Villamarín con outra remontada en contra

(2-1). Maxi Gómez volveu ser o goleador do equipo vigués e colócase provisionalmente como o xogador con máis dianas da liga.

O Celta despídese do soño europeo ás portas da final

(1-1). O Manchester volveu adiantarse no marcador. Co empate a 5 minutos do final, os celestes creron nunha vitoria que non chegou.

O Athletic alonga a mala serie do Celta cunha goleada

(0-3). Os celestes non conseguiron nin ter o balón nin ocasións no encontro de Balaídos. Encadean catro partidos sen gañar.

O Celta non consegue frear ao Sevilla e cae no Pizjuán

(2-1). Se os vigueses non vencen o domingo ao Athletic, mediranse ao Manchester sen gañar ningún dos catro últimos encontros.

O Dépor recibe un baño dos suplentes do Madrid

(2-6). Nin un minuto tardaron os brancos en abrir o marcador. Os coruñeses creron na remontada co 1-2, pero víronse superados.

O Dépor cae pola mínima en Anoeta sen apenas loitar

(1-0). Coa permanencia a tiro, o equipo branquiazul non soubo plantar cara a unha Real que puido lograr un resultado máis avultado.

O Celta perde e descólgase da loita polos postos europeos

(0-2). O Eibar levou os tres puntos de Balaídos, o escenario onde os vigueses reciben o Genk nos cuartos da Europa League.

O Dépor encadea o seu cuarto partido sen gañar

(4-2). Kakuta igualou por dúas veces o marcador ante o Sevilla nunha primeira media hora frenética en canto a goles.

O Dépor cae en Mestalla cunha primeira media hora para esquecer

(3-0). Fallou un penalti ao comezo, anuláronlle un gol legal e encaixou dous goles a balón parado, un deles en propia porta de Albentosa.

O Celta cae ante o Vilarreal e afástase máis de postos europeos

(0-1). Berizzo reservou a parte dos seus mellores homes para o viaxe a Rusia de entre semana e os castellonencos non perdoaron.

O Dépor sofre en Leganés a derrota máis dolorosa do ano

(4-0). Garitano pon o seu cargo a disposición do club, que se reúne este domingo para decidir se dá máis marxe ao técnico ou o fulmina.

O Celta perde no Calderón un partido que gañaba no 85

(3-2). O Atlético consegue remontar en tres minutos e pecha unha semana de desgaste infrutuoso para os celestes.

O Celta volve caer ás portas da final de Copa

(1-0). O Alavés foi superior aos celestes, que non foron capaces de fiar o ataque nin de aguantar a posesión. Co gol, o muro vitoriano foi infranqueable.

O Dépor pecha xaneiro sen conseguir ningunha vitoria

(3-1). O Eibar foi o máis beneficiado nun partido de ida e volta onde os coruñeses se viron noqueados no primeiro cuarto de hora.

O Celta encaixa en Anoeta a primeira derrota do ano

(1-0). Tras cinco triunfos consecutivos, os de Berizzo non puideron impoñerse nun encontro igualado, pensando máis na Copa.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE