O Celta despídese do soño europeo ás portas da final

(1-1). O Manchester volveu adiantarse no marcador. Co empate a 5 minutos do final, os celestes creron nunha vitoria que non chegou.


|

CeltistasoldtraffordCeltistas en Old Trafford. //Fonte: RC Celta


O Celta cae na súa segunda semifinal da tempada. Coma na Copa do Rei, os celestes quedan a só un paso de poder pelexar por un título. Desde Vigo apostouse todo á Europa League, última oportunidade para volver o ano que vén á competición continental.


Pero non puido ser. O equipo celeste comezou con bo ritmo o partido alentado polos afeccionados cuxos cánticos se fixeron escoitar en todo o estadio inglés. O dominio dos primeiros minutos do encontro foi para o Celta con algunhas contras por parte do Manchester United ata que no minuto 18 Rashford realizou un centro á área que Fellaini rematou de cabeza ao fondo da rede que ampliou a súa vantaxe na eliminatoria.


A pesar do gol o Celta non lle perdeu a cara ao partido e seguiu buscando a portería rival, o seu afán traduciuse en varias ocasións e tamén en varias contras convertendo o partido nun ida e volta.


A segunda parte comezou cun Celta atrevido. Os minutos avanzaron e o Celta despregou un bo xogo, pero a falta de claridade nos metros finais acabou lastrando o equipo.


A falta de quince minutos Guidetti non acertou a rematar entre os tres paus un novo centro de Hugo Mallo. No minuto 85 un centro de Bongoda foi cabeceado por Roncaglia para poñer o empate e alimentar as esperanzas do conxunto celeste.


A partir de aí, dos case dez minutos que quedaban, contando o desconto, habería dous ou tres de xogo. O oficio dos de Mourinho sabendo parar o partido impediu que a esperanza de remontar puidese traducirse en posibilidade.



Desde o club envían unha carta á afección agradecendo o apoio recibido esta tempada. "Hoxe estamos abatidos, mañá pensaremos en que fixemos historia, en cando chegará a próxima oportunidade. E en que, sen dúbida, aproveitarémola", reza o texto.


FICHA TÉCNICA


1 - Manchester: Romero, Valencia, Bailly, Blind, Darmian, Herrera, Fellaini, Pogba, Lingaard (Rooney, min. 86), Mkhitaryan (Carrick min. 77), Rashford (Smalling min.89).


1 - Celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Jonny, Wass (Jozabez, min.45), Radoja (Bongonda, min. 68), Pablo Hernández, Sisto (Beavue, min. 80), Aspas e Guidetti

relacionada O Celta chega a Manchester a pelexar o seu billete para a final
relacionada O Celta non consegue reactivarse e cae tamén ante o Málaga
relacionada O Manchester saca vantaxe ao Celta na eliminatoria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE